Bioelementos

Ola.

A continuación ides ler un artigo sobre os bioelementos.

Os bioelementos son átomos presentes nos seres vivos e constitúen o 95% da masa do ser vivo aproximandamente,pese a que nun ser vivo é posible encontrar ata setenta elementos diferentes,case a totalidade da masa deste está composta por carbono,hidróxeno,nitróxeno e osíxeno.Divídense en primarios,secundarios e oligoelementos.

Os primarios son carbono,hidróxeno,osíxeno, nitróxeno e fósforo(CHONP), aínda que ás veces tamén se incúe neste grupo o xofre(S).

Os secundarios,aparecen en menor proporción que os primarios e son calcio(Ca),sodio(Na), potasio(K) e cloro(Cl) e magnesio (Mg). Son todos ións.

Os oligoelementos son aqueles que están presentes en moi pequenas cantidades pero que son totalmente indispensables para o bo funcionamento do ser vivo.Neste grupo inclúense ferro(Fe),manganeso(Mn),cobre(Cu),cobalto(Co)…

Estos á súa vez forman biomóleculas,chamadas glícidos,lípidos,proteínas e ácidos nucleicos.

 

Fonte Wikipedia e meus coñecementos.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.