bioelementos

Dispóñome a facer un breve e conciso comentario dos bioelementos:

Os bioelemetos ou bioxénicos son aqueles que forman parte dos seres vivos. Hai uns 70 elementos químicos que interveñen na composición destes . Deste elevado número como pode ser 70 tan so hai 25 que son esencias e indispensábeis en todos os organismos. Presentan proporcións diferentes entre si e , non concorda a abundancia dos mencionados elementos na natureza coa elevada presenza no especimen. Os 25 elementos que resultan indispensábeis son os que teñen as características que favorecen á estabilidade das estructuras moleculares. Os bioelementos permiten formar biomoléculas: as moléculas  que constituen ós organismos vivintes. De acordo ás medidas en que se atopan os bioelementos poden clasificarse en:

bioelementos primarios (CHONPS):  son imprescindibeis  para as biomoléculas orgánicas.

bioelementos secundarios (Ca,Na,K,Cl e Mg): aparecen en cantidades pequenas en todos os organismos.

oligoelementos (Fe,Mn,Cu,Co..):  son aqueles que aparecen en proporcións ínfimas no noso organismo pero coa súa ausencia causarianos  transtornos.

(resumo de todo o anterior) https://www.youtube.com/watch?v=ckWol4M3S0w.

http://cuadrocomparativo.org/wp-content/uploads/2015/10/slide_21.jpg

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta