BIOELEMENTOS

A materia viva presenta unhas características e propiedades distintas ás da materia inerte. A orixe destas características e propiedades está nos átomos que conforman a materia viva. Os átomos que compoñen a materia viva denomínanse bioelementos.

Dos 92 átomos naturais, nada máis que 27 son bioelementos. Estes átomos sepáranse en grupos, atendendo á proporción na que se presentan nos seres vivos.

Bioelementos % na materia viva Átomos
Primarios 96% C, H, O, N, P, S
Secundarios 3,9% Ca, Na, K, Cl, I, Mg, Fe
Oligoelementos 0,1% Cu, Zn, Mn, Co, Mo, Ni, Si…

Os bioelementos permiten formar biomoléculas: as moléculas que constitúen aos organismos viventes. De acordo á función que realizan na formación das biomoléculas, os bioelementos poden clasificarse como primarios o secundarios.

Oos bioelementos primarios son: nitróxeno, hidróxeno, carbono e osíxeno máis o xofre e o fósforo. Estes bioelementos son imprescindibles para o desenvolvemento das proteínas, os glícidos, os ácidos nucleicos e os lípidos.

 

Mateo Gago e Alberto Pérez

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta