Bioelementos

Para entender o que son os bioelementos primeiro temos que saber en que se diferencian do resto dos elementos. Os bioelementos son os diferentes átomos dos que precisa unha especie para desenvolverse con normalidade.

Divídense segundo a súa abundacia, temos os chamados bioelementos primarios (Carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno, fósforo e xofre), que constitúen máis do 98% da masa dos seres vivos.

Os que constitúen o porcentaxe restante son denominados bioelementos secundarios (calcio, magnesio, potasio…). Algúns que se atopan en cantidades mínimas reciben o nome de oligoelementos, como por exemplo o ferro.

Os bioelementos agrúpanse para formar biomoléculas. Divídense en dous grupos: orgánicas e inorgánicas.

Orgánicas: Auga, sales minerais e algúns gases (O2, CO2, N2…).

Inorgánicas: Glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos (ARN e ADN).

Fontes: Aula virtual de bioloxía e libro de texto bioloxía e xeoloxía SM 1 BACH.

 

Pablo López Outes.

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.