Bioelementos

Hoxe ensináronnos a importancia de certos elementos nos seres vivos, en concreto os cinco imprescindibles para a vida. Desígnanse bioelementos, ou elementos bioxénicos (xa que bio é vida e xénesis é orixe). Os máis comúns son o carbono, o hidróxeno, o osíxeno, o nitróxeno e o fósforo. Para lembralos mellor, aprendéronnos a palabra “CHONP”, que designa as iniciais destes.

Estes elementos dan lugar ás biomoléculas (orgánicas) como os glícidos e os lípidos (compostos por carbono, hidróxeno e osíxeno), as proteínas (formadas por carbono, hidróxeno, osíxeno e nitróxeno) e os ácidos nucleicos (compostos como os anteriores pero engadindo o fósforo).

Os bioelementos clasifícanse en:

Primarios, anteriormente mencionados. Son o 95% da masa total da materia viva.

Secundarios, como o  magnesio, calcio, etc. Designan o 4’5 % dos seres vivos.

Oligoelementos, que son indispensables para o correcto desarrollo do organismo. En total, son 14, como o ferro, o manganeso e o cobre.

Máis información

Sara Vidal Pinto

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta