Bioelementos

Os bioelementos son os elementos químicos da táboa periódica indispensables para a vida. Os bioelementos primarios (carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno e, segundo a fonte, tamén o fósforo e o xofre) son os máis importantes e os que aparecen en maior proporción, arredor dun 99% da materia da maioría das células dos seres vivos. Os bioelementos principais teñen especial importancia na formación de biomoléculas (glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos) mediante enlaces covalentes, é dicir, compartindo electróns.

Tamén pódense diferenciar os bioelementos secundarios (como o calcio, o ferro etc.), os cales están nunha proporción máis pequena que os bioelementos principais. Distínguense os oligoelementos (ferro, cromo etc.), que son os indispensables para un bo funcionamento do organismo e para non desenvolver patoloxías, e os bioelementos secundarios variables (como o cromo ou o bario), que só están presentes nalgúns seres vivos.

Entre especies, pode variar a proporción dos elementos que os compoñen e, sobre todo, difiren moito da composición química da codia terrestre, na que, obviando o osíxeno, os átomos máis comúns son os de silicio e de aluminio, os cales non pertencen á categoría de bioelementos. Estes, case non están presentes no entorno e están practicamente reservados para as células dos seres vivos.

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, PARA COMEZAR e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.