Pautas

1.- A PARTICIPACIÓN NO BLOG AVALIARASE POSITIVAMENTE.

2.- Publicarase en galego, para traballar a competencia lingüística.

3.-Ter especial coidado coa ortografía, redactar ben e non copiar textos enteiros, revisar o texto antes de mandalo.

4.- Primeiro ler a guía no apartado blogueguia: Titoria,         que explica como facer post, insertar enlaces, colgar imáxes…

5.-Acompaña o texto con imaxes, fotos para que quede mellor o blogue. Ter coidado coas imaxes e/ou vídeos que requiran autorización do/a autor/a.

6.- Tentar ser precisos/as, escribir mínimo 130 palabras e  non pasar de 16 líneas, para facer referencia a un texto ou unha información máis longa insertar un enlace.

7.- Por as fontes de onde sacades a información (por exemplo Xornal 07/09/13) e procura que non sexan en exclusiva Wikipedia.

8.- Non dar información personal como dirección, teléfono, etc.

9.- Respectarase en todo momento a os voso/as compañeiros/as e a calqueira persoa, evitando insultar. Podemos facer críticas construtivas e respectuosas.

10.- Poñer sempre a categoría da materia a que corresponde o voso artigo, e dous ou tres nomes na etiqueta.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en BENVIDA, Bioloxía 1º Bacharelato, Bioloxía 2º Bacharelato, PARA COMEZAR. Garda o enlace permanente.

14 Responses to Pautas

  1. oscar1bio di:

    O punto 4 agrádecese porque dun vistazo podo ver todo o que podo facer e como podo facelo, ademáis de aclarar dúbidas.

  2. gonzalorod1bio di:

    A norma número 2 paréceme un sin sentido xa que esta materia non é Lingua Galega senón Bioloxía. Na miña opinión no resto das materias que non son as linguas debería poder falar calquera das dúas linguas da Rexión.

  3. uxia1bio di:

    Respecto á pauta 6, estamos de acordo en que o artigo non pode ser moi extenso e debemos de ser precisos, se non acabaría sendo demasiado pesado e costaríanos lelo moito máis. Ao mesmo tempo, non pode ser demasiado corto, xa que non se explicaría nada e quedaría incompleto. Opinamos que os enlaces mencionados deben formar parte dunha páxina fiable, a poder ser.
    Sara1bio e Uxía1bio.

  4. miguelcastro1bio di:

    A norma número 3 paréceme que está moi ben polo feito de que hai que ter unha boa ortografía.

  5. paula1bio di:

    Acerca das normas, estou moi de acordo coa primeira norma. Nela que se indica que hai que publicar os textos en galego, pareceme unha boa idea, xa que, o galego non o utilizamos tanto e é unha maneira de practicalo e aprender a utilizalo correctamente. Ademáis a asignatura é en galego, de maneira que pareceme o máis correcto.

  6. mateo1bio di:

    Gustaríame que tamén tivésemos a opción de escribir en castelá, polo demais estou de acordo con todas as normas.

  7. marta1bio di:

    Paréceme ben a pauta número 9, xa que sempre hai que ter en conta non ofender a ninguén e ser respectuoso.
    A pauta 2 dúas opino que é perfecta para fomentar a lingua do noso entorno que se está a perder. Poucas asignaturas son as que se imparten neste liguaxe.

  8. andrea1bio di:

    Estou dacordo con case todas as pautas en especial pola ortografía porque é moi importante para entender, pero a norma de escribir en galego non a entendo porque eu creo que se podería escribir en calquera lingua.

  9. miguelcor1bio di:

    A pauta 8 paréceme moi razonable porque non me parece ben dar datos e información miñas. Tamén o punto 7 paréceme moi ben xa que hai xente que copia a información do compañeiro.

  10. juan1bio di:

    “2. Publicarase en galego, para traballar a competencia lingüistica.”
    Gústame que se promocione o uso do galego xa que isto axuda a que o noso idioma chegue a distintos ámbitos como é a bioloxia. É importante preservar o galego posto que este foi desaparecendo de distintas materias nos colexios e nos institutos.

    Pablo1bio.

  11. gonzalotab1bio di:

    Dende o meu punto de vista, parécenme correctas todas as pautas, pero, non termina de covencerme o ter que escribir todolos traballos en galego. Aínda que estamos en Galiza, non temos por que facer os traballos en galego, xa que tamén falamos castelán.

    Andrés Alejandro Pacheco Castillo.

  12. diego1bio di:

    Pauta 5.-Acompaña o texto con imaxes, fotos para que quede mellor o blogue. Ter coidado coas imaxes e/ou vídeos que requiran autorización do/a autor/a.//Comento esta pauta porque me parece interesante o uso de imaxes para complementar e visualizar a infomación.As imaxes son didácticas,e para poñer exemplos son moi útiles.Penso respetar o Copyright.

    Ata logo,Diego Santorum.

  13. alberto1bio di:

    A norma número 2 debería ser ELIMINADA pola razón de que a xente debe falar no idioma que queira que por algo temos dous e non nun idioma imposto por normas irracionais que lle quitan a liberdade lingüística das persoas. Gústame o galego pero non se debe impoñer nunha sinatura que non é lingua. Como tampouco se debería impoñer o castelán. MC pistola.

  14. ana1bio di:

    Paréceme moi ben acompañar o texto co imaxes porque o fai máis entretido e tamén é unha boa idea non dar os teus datos persoais, xa que podes expoñer a túa identidade a descoñecidos.