A SIDA

SIDA (síndrome da inmunodeficiencia adquirida) é unha enfermidade provocada polo retrovirus VIH (virus da inmunodeficiencia humana).

Resultado de imagen de ciclo vital del sida

O VIH vai atacando o noso sistema inmunolóxico e debilitándoo pouco a pouco. Non só destrúe e anula as funcións das células CD4+ (son células que dirixen o ataque contra as infeccións) ás que infecta, sino que tamén utiliza ditas células para reproducirse e expandirse. A medida que o tiempo transcorre, o portador deste virus vólvese gradualmente inmunodeficiente. Nas etapas máis avanzadas da infección desenvólvese Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA), un transtorno que pode dar lugar a certos tipos de cancro e outras infeccións clínicas graves que, en ocasións, provocan a morte. Unha persoa pode tardar entre 5-10 anos en desenvolver a SIDA ou incluso que nunca  o padeza xa que o VIH non evoluciona igual en todos os pacientes.

Non hai cura coñecida para o sida. Ningún tratamento elimina por completo o virus do organismo. Pero hai dispoñibles tratamentos do sida que axudan a manter o reconto de CD4 alto e melloran a calidade de vida dos pacientes.                                                                            É moi utilizada a terapia antirretroviral altamente activa, trátase dunha combinación de varios fármacos antirretrovirales, coa finalidade de impedir que se multiplique o virus.

A  continuación tes unha ligazón coa explicación fundamental sida/vih:

https://www.youtube.com/watch?v=Q32-2PnnfWQ

video do ciclo vital do VIH : https://www.youtube.com/watch?v=7bQmEAnglFE

breve explicación do sistema inmune :

https://www.youtube.com/watch?v=gpWHb0q14oA

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.