A SIDA

A SIDA (síndrome da inmunodeficiencia adquirida) é causada polo virus do VIH (virus da inmunodeficiencia humana), trátase dun retrovirus (virus cuxo material hereditario é o ARN monocatenario que se replica a través de intermediarios de ADN bicatenario grazas ao encima transcriptasa inversa).Imagen relacionada

A infección do virus xera unha diminución da capacidade de defensa das células do sistema inmune debido a que infecta fundamentalmente aos linfocitos T4 (linfocitos T colaboradores). Aínda que inicialmente a enfermidade é asintomática (seropositivo), co tempo o sistema inmune debilítase tanto que serán xeneralizadas as infeccións microbianas e desenvolveranse certos tipos de tumores. É a fase sintomática (inmunodepresión).

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.