- A SIDA ou a Síndrome da Inmunodeficiencia Adquirida é causada polo virus que coñecemos como o virus de inmunodeficiencia humano ou VIH.
- Este virus ( o VIH) é un retrovirus que ataca ao sistema inmunitario da persoa infectada.
- Cando te infectas, o VIH dirixese as células diana, os linfocitos T4. Cando atopa a un linfocito T4, o virus fixase á membrana da célula e fusiona a súa cápside coa membrana celular, de modo que agora pode introducir o seu material xenético para que esta célula se ocupe de reproducilo (multiplicalo).
- Unha vez comezou a replicación, sae cara o sangue e propagase por todo o corpo infectando outras células que tamén usarán para multiplicar o seu material xenético.Cando esta multiplicación se produce, hai copias do virus circulando polo sangue (o número de copias do virus é o que se coñece como Carga Viral) e reducese a cantidade de células linfocitos T4 do organismo, que acaba producindo unha deficiencia inmunitaria. Neste momento o organismo perde a súa capacidade defensiva, provocando ca persoa co sofre teña máis probabilidades de contraer outras infeccions ou de desarrollar enfermidades relacionadas có VIH, coñecidas como enfermidades oportunistas. Están provocadas por axentes que, ante sistemas inmunes que funcionan con normalidade, no causan ningunha enfermidade. Soamente cando o sistema inmunitario está moi debilitado, aproveitan a “oportunidade” para desarrollar infeccións.Fálase de inmunodeficiencia cando o sistema inmunitario xa non pode cumprir a súa función de combatir as infeccións ou outras enfermidades.
- Imaxe do ciclo vital do VIH.
A SIDA
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada linfocitosT4, saúde, SIDA, VIH, Virus. Garda o enlace permanente.