A SIDA.

A SIDA (ou Síndrome da Inmuno Deficiencia Adquirida) é unha enfermidade causada polo VIH (Virus de Inmunodeficiencia Humana), que é un retrovirus (concretamente un lentivirus), un virus con ARN.

 

Resultado de imagen de ciclo vital vih

 

Resultado de imagen de vih grafica

 

 

O VIH ataca e debilita o noso sistema inmunolóxico. Non só destrúe e anula as funcións das células CD4+ ás que infecta, senón que tamén utiliza esas células para reproducirse e expandirse. A medida que o tempo transcurre, o portador deste virus vólvese gradualmente inmunodeficiente. Nas estapas máis avanzadas da infección desenvólvese o SIDA. Unha persoa pode tardar entre 5 e 10 anos en desenvolver a SIDA, ou incluso pode non padecela, xa que o VIH  non evoluciona igual en todos os pacientes.

 

Os linfocitos T CD4+ (as células diana) aos que afecta son linfocitos cooperadores, que son os encargados de activar e coordinar ás outras células para atacar a calquer patóxeno que poda alterar o correcto funcionamento do organismo. Entón chegamos á inmunodeficiencia, cando o sistema inmunitario xa non pode cumplir a súa función de combatir as infeccións e outras enfermidades, entón pode ocurrir que non se defenda contra patóxenos ou cancros, o que pode producir a morte do organismo.

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.