BIO25. Mutacións.

Repasa os tipos de mutacións., e o s axentes mutaxénicos comentando unha idea de cada presentación.

 

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

5 Responses to BIO25. Mutacións.

  1. alvaro2bac di:

    Mutáxenos físicos como a radiación ultravioleta, é unha radiación electromagnética de baixa lonxitude de onda. Estes rangos están relacionados co dano que producen no ser humano: a radiación UV-C( a máis prexudicial para a vida) non chega á terra ao ser absorbida polo osíxeno e o ozono da atmosfera; a radiación UV-B é parcialmente absorbida polo ozono e só chega á superficie da terra nunha porcentaxe mínima. A radiación UV é altamente mutaxénica, é dicir, que induce a mutacións. No ADN provoca dano ao formar dímeros de pirimidinas que acurtan a distancia normal da ligazón, xerando unha deformación da cadea.
    Entre os danos que os raios ultravioleta poden provocar aos seres humanos inclúense o cancro de pel.

  2. pedro2bac di:

    Hai diferentes tipos de axentes mutaxénicos:
    · Os axentes químicos: son compostos químicos coa habilidade de alterar o ADN de forma brusca, como pode ser o ácido nitroso, brominas e algúns dos seus compostos.
    · Os axentes físicos: poden alterar a secuencia e estrutura do ADN. Son exemplos a radiación ultravioleta, que orixina dímeros de pirimidina, e a radiación gamma e al alfa, que son ionizantes. Tamén se consideran axentes físicos os ultrasóns, e a centrifugación, que tamén produce variacións cromosómicas estruturais.
    · Os axentes biolóxicos: organismos vivos que poden alterar a secuencia de ADN do hospedador; como virus, bacterias e fungos.

  3. lia2bac di:

    Existe unha clasificación dos axentes mutaxénicos en dous grupos mutáxenos físicos e mutáxenos químicos. Dentro dos mutáxenos físicos distinguimos entre radición ultravioleta que é unha lonxitude de onda curta que fanreaccionar dúas bases contiguas deixandoas sen a posibilidade de xuntarse coas súas complementarias e por outro lado temos as radicións ionizantes que rompe a estrutura do ADN. Nos axentes mutaxénicos químicos poden engadir grupos químicos ás bases nitroxenadas o que produce alteracións na replicación, ou poden intercalanse entre os pares de bases nitroxenadas co que deforman a estrutura do ADN, e outras substitúenas provocando erros na tradución das proteínas.

  4. antia2bac di:

    Hai dous tipos de axentes mutaxénicos os físicos e os químicos :
    – Os físicos poden ser :
    Radiaciones ionizantes. Son radiacións que teñen lonxitud de onda moi curta e son moi enerxéticas. Provocan a perdida de electróns nalgúns átomos do ADN. Poden provocar a rotura das cromosomas favorecendo a aparición de mutacións cromosómicas e tamén producir modificaciones nas bases que conleva á formación de mutacións puntuais.

    Radiaciones non ionizantes. Son, principalmente, as radiacións ultravioleta. Non provocan ionización, pero os electróns pasan a niveis enerxéticos superiores o que provoca a aparición de mutacións puntuais.

    Fluctuacións térmicas , o material xenético exposto a una temperatura superior a 37ºC produce mutacións puntuais do ADN.

    – Os mutáxenos químicos son aqueles que alteran a estrutura do ADN de forma brusca e alteran o proceso da replicación.

  5. david2bac di:

    A maioría de mutacións se deben a axentes externos. Poden ser físicos ou químicos. Os axentes mutaxénicos físicos máis destacados son a radiación ultravioleta procedente do Sol e a radiación ionizante como os raios X, que poden provocar cambios na estrutura de ADN. Os axentes mutaxénicos químicos tamén provocan alteracións na repicación, algúns provocan erros na traducción de proteínas, outros provocan alteracións na replicación e tamén poden deformar a estructura da dobre hélice.