Twitter 3º trimestre 16Maio

O obxectivo final , desta tarefa, é que sigamos a usar Twitter para recomendar enlaces dos temas falados na aula, de TICS, comentar, conversar e facer relacións, é dicir, para empezar a crear a nosa PLN. A tarefa estará superada se se observa certa actividade  na túa conta de Twitter. Deberías:

    • a) Ter publicados, polo menos, 5 chíos propios relacionados cos temas falados na aula neste trimestre e 5 rechouchíos dos xa integrados-publicados en Twitter pero cun comentario personal (20 puntos)
    • b) Ter mencionado entre os chíos propios a 2 usuarios/as novos (dá igual se son respostas, RT ou mencións sen máis).(10 puntos)
    • c) Incluír nos chíos propios do trimestre, polo menos en 2 deles, unha ligazón e un texto relacionado (o título, un comentario etc.). (10 puntos).
    • d) Incluír polo menos no trimestre 2 chíos propios, unha pregunta para que resposten os/as compañeiros/as. (20 puntos)
    • e) Incluír nos chíos propios do trimestre, polo menos en 2 deles, calquera outra etiqueta. (10 puntos)
    • f) Seguir a un mínimo de 2 compañeiros/as novos do IES (10 puntos).
    • g) Acadar polo menos a un total de 25 contactos de interese. Crea 3 listas con estes contactos, nomeandoas diferentes según algún aspecto comús. (10 puntos).
    • h) Rechouchío 1 artigos máisdo blog da biblioteca do IES: (10 puntos).

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, Bioloxía 2º Bacharelato, Cultura científica 1º Bacharelato, Xeoloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.