8 marzo

Ámbito laboral:

Os coidados e a educación son tarefas que a sociedade asigna ás mulleres e son peor pagadas que as asignadas a homes, isto é a fenda salarial. A educación está máis feminizada canto menor sexa a idade do alumnado e a fenda salarial é maior.

Esiximos un corpo único do profesorado, que equipare os soldos e as horas docentes en todo o sistema educativo, eliminando esta diferencia monetaria entre docentes. Este corpo deberá ter un soldo equiparado ao do resto do funcionariado. Educar non debera estar peor pagado que traballar nun despacho. O teito de cristal tamén afecta ao sector do ensino: nun colectivo amplamente feminizado os postos de responsabilidade están a ser ocupados nunha proporción bastante superior por homes (isto tamén repercute en que os soldos das mulleres sexan máis baixos)
As medidas de conciliación da vida familiar e laboral non son dabondo nos nosos centros, xa que se terían que aplicar flexibilidade suficiente aos horarios establecidos e favorecer a formación e promoción laboral das persoas que concilien.
Os centros son o noso centro de traballo e non hai protocolos de actuación efectivos contra o acoso sexual e de discriminación por razón de sexo

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, Bioloxía 2º Bacharelato, Xeoloxía 2º Bacharelato, Xeral e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.