BIO22.Síntese proteínas.

Comenta as ideas principais sobre a síntese proteínas. que saen no vídeo e destaca duas plabras en inglés.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

12 Responses to BIO22.Síntese proteínas.

  1. alvarogran2bio di:

    No núcleo da célula atópase o ADN que mediante un proceso coñecido como transcripción cópianse as instruccións xenéticas nunha molécula chamada ARNm (mensaxeiro). Unha vez acabado este proceso, o ARNm viaxa polo núcleo ata chegar a un poro nucelar ( que funcionan como unhas comportas que regulan a entrada e saída do núcleo da célula) e sae deste xeito do núcleo. Este ARN chega a unha máquina formada por dúas partes chamada ribosoma. Comenza así o proceso chamado traducción.
    NON CORREXIR

  2. raul2bio di:

    A síntese de proteínas é un proceso no que se componen novas proteínas a través dos vinte aminoácidos esenciais.
    Neste proceso, transcríbese o ADN en ARN.
    Este proceso é levado a cabo polos ribosomas que se atopan no citoplasma celular.
    Os aminoácidos son transportados polo ARN de transferencia, que é específico para cada un deles, e son levados ata o ARN mensaxeiro.
    Cando remata a síntese de proteínas, o ARN mensaxeiro queda libre e pode ser lido de novo.De feito é moi común que cando unha proteína está rematando de ser sintetizada, outra esté comezando o proceso, polo que unha molécula de ARN mensaxeiro está sendo utilizada por varios ribosomas simultáneamente

    Destacamos as palabras en inglés:Genetic transcription y Translation

  3. daniel2bio di:

    Neste vídeo preséntase de que maneira ocorre a síntese de proteínas. Esta ocorre no ARN unha vez se trancribiu de ADN a ARN. Unha vez rematou este proceso, a cadea de ARN atravesa os poros do núcleo, que controlan a entrada e a saída no núcleo. Cando o ARN chega ao ribosoma, lígase a este e comeza o proceso de tradución. No ribosoma prepáranse os aminoácidos que van ser transportados a outros lugares para unirse con outros aminoácidos que xerarán as proteínas segundo a posición na que se unan.

  4. alvaro2bio di:

    A síntese de proteínas lévase a cabo en dous procesos.O primero proceso denomínase transcripción,ocorre dentro do núcleo das células eucariotas,a secuencia transcríbese nunha molécula de ARN,denominado ARN mensaxeiro.O segundo proceso é a traducción,neste o ARN mensaxeiro pasa do núcleo cara o citoplasma onde o mensaxe é traducido polos ribosomas,os cales forman unha proteína.As dúas palabras en inglés que destacan son :transcription e translation.

  5. alvarogran2bio di:

    No núcleo da célula atópase o ADN que mediante un proceso coñecido como transcripción cópianse as instruccións xenéticas nunha molécula chamada ARNm (mensaxeiro). Unha vez acabado este proceso, o ARNm viaxa polo núcleo ata chegar a un poro nucelar ( que funcionan como unhas comportas que regulan a entrada e saída do núcleo da célula) e sae deste xeito do núcleo. Este ARN chega a unha máquina formada por dúas partes chamada ribosoma. Comenza así o proceso chamado traducción. Fórmanse asi unha secuencia de aminoácidos que serán transportados a outros lugares. Dependendo da secuencia destes determinará a proteina. A continuación, a proteina é transportada a onde é necesitada.

  6. marta2bio di:

    A través da transcrición (transcription)unha máquina desenrola un fragmento da dobre cadea de ADN para expoñer as instrucións para construir un tipo de proteína, outra máquina copia as instrucións xenéticas nunha molécula de ARN mensaxeiro. A transcrición remata e a cadea de ARN pasa a través do complexo de poros, fíxase nun ribosoma e comeza a tradución (translation). No ribosoma fórmase unha secuencia de aminoácidos que determina a proteína que se vai fabricar. Finalmente, fórmase unha proteína, que é transportada ao lugar onde se necesita.

  7. isabel2bio di:

    Neste vídeo podemos observar como unha molécula de ADN, que contén a información necesaria para a fabricación das proteínas, transcríbese e tradúcese.
    Este proceso comeza coa transcrición, pola cal unha “máquina” copia as instruccións xenéticas do ADN nunha molécula chamada ARN mensaxeiro. Esta cadea sae polos poros nucleares e é levada aos ribosomas, que ao ser fixado a un destes, comeza a traducción. Dentro do ribosoma, móntase a nivel molecular unha secuencia de aminoácidos que forman unha cadea. A posición exacta destes aminoácidos determinarán que proteína se fabricará.
    A cadea de aminoácidos plégase e forma unha proteína na súa forma nativa que é liberada e é levada ao sitio exacto onde se precise.
    “Amino acid” é aminoácido e o proceso de traducción chámase “translation”.

  8. pablo2bio di:

    A síntese de proteínas realízase nos ribosomas situados no citoplasma celular. Neste proceso transcríbese o ADN en ARN. No proceso de síntesis, os aminoácidos son transportados por ARNtransferente correspondente por cada aminoácido ata o ARNmensaxeiro onde se unen na posición adecuada para formar novas proteínas. A diferente colocación dos aminoácidos determinará o tipo de proteína que será.

  9. anton2bio di:

    Neste vídeo podemos observar como se forman os aminoácidos que necesitamos para producir proteínas. Estes aminoácidos fórmanse a partir do ARN mensaxeiro que se produce a través da transcripción do ADN na que as secuencias de ADN son pasadas a ARN mediante unha enzima chamada ARN polimerasa a cal sintetiza o ARN mensaxeiro. Cando esta transcripción remata o ARN mensaxeiro viaxa a través dos poros da membrana nuclear, cando a cadea se atopa na célula a cadea de ARN mensaxeiro únese a un ribosoma onde se producirá o proceso de traducción. Nos ribosomas prodúcense cadeas de aminoácidos que posteriormente son transportadas a outros lugares da célula.
    Palabras en inglés: Aminoacid; Protein.

  10. eva2bio di:

    Nete vídeo explícase a grandes rasgos a síntese de proteínas, a cal consiste no seguinte:
    Dentro do núcleo encóntranse as cadeas de ADN que conteñen a información necesaria para a síntese de proteínas. O ADN polimerase encágase de abrir a cadea de ADN, e de crear unha cadea de ARN usando a de ADN como molde. Unha vez completa a cadea de ARN, esta viaxa a través de núcelo e sae polos poros nucleares. A cadea de ARN mensaxeiro é levada aos ribosomas, onde se fixa e comeza o proceso de traducción. Dentro do ribosoma fórmase unha línea específica de aminoácidos que darán lugar a unha cadea, e iránse conectando entre sí. A posición de cada secuencia de estos aminoácidos determinará o tipo de proteína que se vai a crear. A cadea de aminoácidos prégase e sae do ribosoma en forma de protína primaria, a cal viaxará ata onde sexa necesaria.
    #protein #DNA

  11. lauragon2bio di:

    A transcrición é o proceso mediante o cal se duplica o material xenético. Grazas a esta (en inglés transcription) unha máquina molecular desarrolla un fragmento da dobre cadea de ADN para exponer as instruccións xenéticas necesarias para construír un tipo específico de proteína. Outra “máquina” copia esas instruccións nunha molécula de ARNm (mesaxeiro). Esta pode saír do núcleo a través dun dos poros nucleares e é levada aos ribosomas e é aquí onde comeza o proceso de tradución (en inglés translation). Dentro do ribosoma móntase unha secuencia específica de aminoácidos. A unión entre aminoácidos da lugar á formación dunha proteína que adopta a súa estrutura tridimensional e é transportada a outros lugares.

  12. javiercomen2bio di:

    Nas cadeas de ADN compactas do núcleo das células está almacenada a información para a elaboración das casi 10.000 proteínas do organismo.A través da transcripción,desenvólvese un fragmento da dobre cadea do ADN para expoñer as instruccións xenéticas necesarias para construir un tipo de proteína,logo unha máquina molecular copia as instruccións nunha molécula chamada ARN mensaxeiro.Máis tarde o ARN sae do núcleo e vai a un ribosoma,cando o ARN fíxase ao ribosoma ocorre a tradución.No ribosoma desenvólvese unha secuencia de aminoácidos que forman unha cadea,despois os aminoácidos son transportados a outros lugares.A unión de distintos aminoácidos ou en orde distinta dará lugar a diferentes proteínas.Despois de formarse a proteína,esta é liberada e transportada por outra máquina molecular ata o sitio onde é requerida