BIO19.Replicación

O ADN está constituído por dúas febras e cada febra da molécula de ADN orixinal serve como molde para a produción da febra complementaria, un proceso denominado replicación semiconservadora (ou semiconservativa), polo cal cada molécula replicada conserva unha febra orixinal e leva unha febra sintetizada nova.

Infórmate da replicación e comenta unha idea.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

7 Responses to BIO19.Replicación

  1. marta2bio di:

    A replicación semiconservativa propón que a dobre hélice do ADN se abre e as dúas cadeas de nucleótidos se separan; a partir de cada unha das dúas cadeas fórmase unha nova, que é complementaria á que serviu como padrón. Non obstante, a aceptación deste modelo requiriu unha demostración, da que se encargaron M. Meselson e F. Stahl.
    Meselson e Stahls comprobaron nun experimento que o ADN de bacterias cultivadas durante varias xeracións nun medio con N15 era máis pesado ca o ADN de bacterias cultivadas nun medio normal con N14. Ademais, ambos os ADN se podían separar por ultracentrifugación nun gradiente de densidade CsCl.

  2. alvarogran2bio di:

    Antes de asegurarse que a reduplicación é semiconservativa, considerouse o pensamento de que ben podía ser conservativa ou dispersiva.
    Agora ben, o proceso de reduplicación sufrido polo ADN é un proceso semiconservativo, isto é:
    orixínananse dúas moléculas de ADN, unha formada por uha hebra de ADN orixinal e dunha hebra complementaria nova. Esto quere dicir que o ADN fórmase dunha xadea vella e outra nova.Por isto dicimos que as hebras existentes sirven de molde para as novas.

  3. lauragon2bio di:

    A replicación é a duplicación do ADN que se produce durante a fase S da interfase do ciclo celular. Este mecanismo é coñecido como replicación semiconservativa e propón que a dobre hélice do ADN se abre e as dúas cadeas de nucleótidos se separan. A partir de cada unha das cadeas fórmase unha nova que é complementaria á que serviu como padrón. Este modelo foi proposto por Watson e Crick cando estableceron a estrutura da dobre hélice de ADN. Este baséase en que cada dobre hélice filla está formada por unha das dúas cadeas orixinais e mais unha de nova síntese. Pero ademais deste modelo, expuxéronse outros dous:
    Modelo conservativo: unha dobre hélice conserva as dúas cadeas orixinais intactas ao longo das seguintes xeracións e a outra está formada polas dúas cadeas de nova síntese.
    Modelo dispersivo: a dobre hélice orixinal rompe en fragmentos. Cada unha das cadeas fillas contén fragmentos das cadeas orixinais e fragmentos de nova síntese.
    Estes dous modelos quedan descartados co experimento de M. Meselson e F.Stahl.

  4. isabel2bio di:

    De forma resumida, poderíamos dicir que a replicación é un proceso que permite ao ADN duplicarse,polo que,dunha molécula de ADN única obtense unha ou máis “copias” da primeira.
    Estas “copias” fanse mediante un proceso semiconservativo porque os dous polímeros complementarios da primeira molécula de ADN (ao separarse) serven como moldes para a fabricación das novas cadeas complementarias, de forma que cada nova doble hélice contén unha cadea do ADN orixinal.

  5. anton2bio di:

    Meselson e Stahl fixeron un experimento no ano 1958 demostrou que o mecanismo de replicación do ADN segue un modelo semiconservativo.
    No experimento criaron células en presenza de un isótopo do nitróxeno (nitróxeno-15) que é máis pesado que o nitróxeno. Este isótopo incorporouse ás cadeas de ADN que se ían sintetizando e as fixeron máis pesadas. Posteriormente estas células pasaronse a un medio con un nitróxeno menos pesado (nitróxeno-14) onde seguiron crecendo e desta maneira o ADN purificouse. Nas xeracións seguintes observamos como cada banda de ADN é cada vez máis lixeira.

  6. daniel2bio di:

    M. Meselson e F. Stahl demostraron no ano 1957, que o modelo correcto da replicación de ADN era o modelo semiconservativo, desprezando así o modelo dispersivo e conservativo. Lograron demostrar isto grazas a un experimento no que cultivaron bacterias de Escherichia coli durante varias xeracións nun medio determinado, unha vez adaptadas a ese medio, transferíronas a outro medio e deixaron que se producisen varias xeracións, tomaron unha mostra de bacterias tras cada xeración e extraéronlles ADN. Na primeira xeración obtiveron una xeración con identica densidade e que contiña elementos de ambos medios, descartando así o modelo conservativo. Na segunda e terceira xeración mantívose a banda da primeira xeración e apareceu unha nova correspondente ao ADN con elementos do segundo medio. Isto descartaba o modelo dispersivo, dando lugar a que o único modelo compatible era o semiconservativo.

  7. javiercomen2bio di:

    No experimento de Meselson e Stahl demostrouse que o modelo de replicación do ADN era un modelo semiconservativo.
    Para comprobar isto, criaron unhas bacterias en presenza dun isótopo pesado de nitróxeno(nitróxeno-15),así o isótopo incorporábase ás cadeas de ADN das bacterias facendoas máis pesadas. Despois,leváronse estas bacterias a un medio con nitróxeno-14 e seguiron crecendo e reproducíndose.Analizando as cadeas de ADN de cada xeración obtívose que o número de cadeas lixeiras(con nitróxeno 14) aumentaba cada vez máis mentres que o número de cadeas pesadas(con nitróxeno 15) seguía sendo o mesmo,co que quedaba demostrado o modelo semiconservativo.