BIO21. A meiose celular.

A  meiose é un tipo de división celular relacionada coa reprodución celular.

Resposta as catro preguntas. A meiosis I

2. En que fase meiótica se produce o sobrecruzamento que dá como resultado a formación de bivalentes?
  • Anafase 1.
  • Profase 2.
  • Profase 1.Comenta esa fase.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

4 Responses to BIO21. A meiose celular.

  1. alvarogran2bio di:

    O sobrecruzamento ou crossing-over (intercambio de material xenético entre segmentos de cromosomas homólogos) prodúcese no paquiteno, unha subfase dentro da profase da primeira división.
    Agora, para entender mellor a profase 1 farei un breve resumo sobre ela. Aparece subdividida en:
    1)LEPTOTENO: os cromosomas están formados por dúas cromátidas. Iníciase a condensación ou espiralización dos cromosomas.
    2)CIGOTENO: os cromosomas homólogos comezan a aparearse constituindo os chamados bivalentes.
    3)PAQUITENO
    4)DIPLOTENO: fanse patentes os quiasmas (puntos de sobrecruzamento).
    5)DIACINESIS: a condensación dos cromosomas alcanza o máximo, e desaperecen o nucleolo e a membrana nuclear.

  2. marta2bio di:

    O sobrecruzamento que dá como resultado a formación de bivalentes é a profase 1. Esta fase meiótica é a máis complexa e está divida en cinco subfases: leptoteno, cigoteno, paquiteno, diploteno e diacinese.
    O sobrecruzamento ten lugar no paquiteno, a terceira fase. Nesta fase, as cromátides dos bivalentes, estruturas formadas polas catro cromátides, acúrtanse, engordan e prodúcese o sobrecruzamento, ou intercambio de material cromatídico, entre as cromátides dos cromosomas homólogos. A consecuencia deste sobrecruzamento é o intercambio de xenes ou recombinación xenética.

  3. lauragon2bio di:

    A meiose é un tipo de división celular que ten a finalidade de producir células haploides (n cromosomas, é dicir a metade do contido de ADN). Estas células son os gametos dos organismos que se reproducen sexualmente.
    Unha das diferencias coa mitose é o sobrecruzamento do material xenético. Esta ten lugar durante a profase I, que é a etapa máis complexa. Despois de que os cromosomas homólogos se apareasen ata quedar completamente aliñados (sinapse), as cromátides dos bivalentes (estruturas formadas polas catro cromátides)acúrtanse, engordan e prodúcese o sobrecruzamento. O intercambio de material cromatínico ten lugar entre as cromátides dos cromosomas homólogos e é o resultado da recombinación dos xenes. Posteriormente inician a súa separación pero mantéñense unidos polos quiasmas. Antes da metafase I os cromosomas condénsanse e desaparecen o nucleólo e a envoltura nuclear e fórmase o fuso acromático.

  4. isabel2bio di:

    Durante a meiose prodúcese o sobrecruzamento que á súa vez da lugar á variabilidade xenética.
    A profase 1 é a primeira fase da meiose, na que se producen unha serie de procesos: a condensación do material xenético en cromosomas e aparece o fuso cromático. Tamén prodúcese a sinapse dos cromosomas homólogos polo que se forman quiasmas sinápticos e chega a ocorrer o sobrecruzamento cromosómico, no que se mezclan as cromátidas dos cromosomas homólogos correspondentes. Por último os cromosomas entrecruzados quedan unidos por puntos de contacto chamados quiasmas os cales desplázanse cara os extremos dos cromosomas.
    É dicir, o sobrecruzamento ten lugar na Profase 1.