BIO17.A meiose.

A meiose é un tipo de división celular eucariótica, que comprende dúas divisións seguidas e ten como obxectivo a produción de células reprodutoras como gametos ou meioesporas (esporas orixinadas por meiose).

Visualiza  e resposta:

Explica cal é o significado biolóxico da meiose?


Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

10 Responses to BIO17.A meiose.

  1. marta2bio di:

    O entrecruzamento da lugar a novas combinacións de xenes nos cromosomas, responsable da recombinación xenética. Por outra parte, cada unha das catro células finais dispón dun conxunto de n cromátides que non é idéntico ao das outras. Tanto o entrecruzamento como o reparto das cromátides dependen do azar e dan lugar a que cada unha das catro células resultantes teñan xenes diferentes. Estes alelos serán sometidos ás presións da selección natural de tal forma que soamente algunhas combinacións alélicas poderán proxectarse en sucesivas xeracións. A nivel xenético, a meiose é unha fonte de variación da información xenética.

  2. lauragon2bio di:

    A meiose é un tipo de división celular que ten como obxectivo producir, a partir dunha célula diploidde (2n cormosomas), 4 células haploides (n cromocomas, é dicir, coa metade do contido de ADN, diferentes entre sí xa que se produce a recombinación xenética. Estas células son os gametos dos organismos que se reproducen sexualemente. A importancia biolóxica da meiose é que, ao formar células haploides permite a reproducción xa que deste modo, ao unírense ambos os gametos, a célula ovo terá o número de cromosomas diploide da especie. Se non houbera meiose en cada reproducción duplicaríase este número.

  3. alvarogran2bio di:

    O significado biolóxico da meiose é sen dúbida algunha o nacemento xa que, cando nacemos, temos caraterísticas dos nosos proxenitores. Ademais, é a ‘culpable’ da diversidade xa que na meisose producese un entrecruzamento dos cromosomas que ,como sabemos, da lugar ó entrecruzamento da información xenética. Esto débese a que na fecundación súmanse os 23 cromosomas paternos cos 23 maternos. Polo tanto, denominamos meoise ó proceso polo cal obtemos gametos femeninos e masculinos.

  4. isabel2bio di:

    A meiose é un proceso reduccional, que soamente afecta ás células germinales, que se divide en meiose 1 e meiose 2. O seu significado biolóxico recae en que durante a profase 1 (da meiose 1 )prodúcese un entrecruzamento que provoca a variabilidade xenética (en cambio na mitose o entrecruzamento non sucede, as células fillas son iguais á célula nai), é dicir, as células fillas serán diferentes á célula nai, non soamente en que son células haploides(n) mentras que a nai é diploide(2n), senón que produce individuos con características diferentes.

  5. anton2bio di:

    Na meiose se obtén dunha célula nai que ten 46 cromosomas (célula diploide 2n), duas con 23 cromosomas cada unha (células haploides n) das que posteriormente se obtendrán outras duas de cada unha e terán as catro 23 cromosomas. Polo tanto o significado biolóxico de meiose será producir a división de células diploides , normalmente nas gónadas para a producción de gametos; producindo ovocitos (en mulleres) e espermatozoides (en homes). O proceso de meiose consta de meiose 1 e meiose 2 nas que ambas comprenden: profase, metafase, anafase e telofase.

  6. daniel2bio di:

    A meiose ten unha importancia biolóxica moi grande nos organismos que se reproducen mediante a reprodución sexual, xa que produce células haploides, os gametos. Estas células haploides conteñen a metade de información que as células somáticas. Desta maneira, na fecundación, únense a outro gameto formando a célula ovo ou cigoto para así ter o mesmo número de cromosomas que a súa especie. Se non existise a meiose, en cada reprodución duplicaríase o número de cromosomas. Ademais, a meiose favorece a variabilidade xenética grazas á recombinación que se produce na Profase 1.

  7. javiercomen2bio di:

    O significado biolóxico da meiose é producir gametos ou células sexuais nos organismos diploides para que na reproducción sexual entre dúas especies diploides prodúzcase un novo individuo. E tamén a variabilidade xenética xa que grazas ao sobrecruzamento durante a profase 1 da meiose obteñense ao final da meiose catro células haploides xeneticamente distintas.

  8. eva2bio di:

    A meiose é un tipo de división celular na cal a partir dunha célula diploide, obtéñense catro células haploides, coa metade de información xenética, diferentes xeneticamente entre elas e tamén da súa nai. Grazas a meiose, ten lugar un proceso de recombinación xenética entre as cromátides dos cromosomas homólogos, o que permite a sua vez, a variabilidade xenética, o que lle otorga a este proceso unha grande importancia biolóxica.

  9. raul2bio di:

    O significado biolóxico da meiose é a variación xenética.Na meiose ten lugar un proceso chamado ¨entrecruzamento¨,que é un proceso no que as cromátidas dos cromosomas homólogos se aparean e intercambian seccións do seu ADN durante a reprodución sexual.Tanto esta reprodución como o reparto das cromátidas son procesos azarosos,o que da lugar a que as 4 células resultantes teñan un conxunto de xenes diferentes entre elas.
    Este proceso é un dos principais para producir a variedade xenética

  10. alvaro2bio di:

    O significado biolóxico da meiose é a variabilidade xenética.Porque cando nacemos temos características dos nosos proxenitores,como o pelo ou o color dos ollos.Isto ocorre pola combinación do material xenético dos nosos proxenitores.O pai otorga un espermatozoide ou gameto masculino e a nai un óvulo ou gameto feminino.Estes dous únense para formar unha célula ovo ou cigoto(célula diploide).Os gametos prodúcense mediante a meiose,que disminuye a metade o número de cromosomas desta célula.Grazas a esto,os fillos son xeneticamente diferentes dos seus proxenitores.