7.Compostar

Para obter un bo compost necesítanse restos orgánicos o máis variados posible. O que se pretende conseguir coa mestura é que se complementen entre si en canto ás achegas que fan cada un deles en nutrientes, humidade, capacidade de esponxamento, volume final, etc. Capturacompost

O compost contén unha gran cantidade de elementos químicos na súa composición, pero dous deles destacan como nutrientes e pola súa influencia sobre as plantas e outros organismos. Trátase do carbono e o nitróxeno. O máis importante é a proporción entre ambos, é dicir, a cantidade de átomos de carbono que hai, por cada átomo de nitróxeno. Esta proporción  exprésase como C: N. En xeral, os residuos orgánicos teñen moita cantidade de carbono en relación ao nitróxeno ( C: N de 40 -60, é dicir, 40 ou 60 átomos de carbono por 1 átomo de nitróxeno), pero a medida que se van descompoñendo, vaise perdendo carbono, mentres que, se as condicións son as axeitadas, case non se perde nitróxeno.

A razón desta perda de carbono témola na respiración. A respiración é unha combustión, vén ser como “queimar” restos orgánicos para obter enerxía.

En toda combustión de restos orgánicos despréndese dióxido de carbono (CO2) e auga   (H2O). Como o dióxido de carbono é un gas, escápase á atmosfera. O compost resultante tería que ter unha C: N de 20 a 30. Para conseguir este obxectivo hai que mesturar os restos de forma que permitan que haxa unha correcta C: N de partida e que se dean unhas boas condicións de descomposición en canto a osixenación, humidade, etc. para que non se perda nitróxeno.

Comenta unha idea deste artigo.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, Bioloxía 2º Bacharelato, COMPOST-ARTE, Cultura científica 1º Bacharelato, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.