O compost ou a composta é un produto obtido a partir de diferentes materiais de orixe orgánica (lodos de depuración, estiércol, fracción orgánica de residuos sólidos, residuos agropecuarios e outros), os cales son sometidos a un proceso biolóxico controlado de fermentación denominado compostaxe. Posúe un aspecto terroso, libre de cheiros e de patógenos, é empregado como abono de fondo e como substituto parcial ou total de fertilizantes químicos. A composta úsase en agricultura e xardinería como emenda para o chan, aínda que tamén se usa en paisaxismo, control da erosión, recubrimientos e recuperación de chans.
Para producir compost primeiro temos que entender uns cuantos procesos. O primeiro que hai que saber para crear compost é un proceso bacteriano, e por tanto entra en xogo unha descomposición e unha creación. Asociar compost a mal cheiro non é algo ilóxico, a mal compostaxe pode dar estes resultados. Para entender isto, hai que saber que bacterias actúan no proceso.Clasifícanse en catro grandes grupos: Bacterias aeróbicas, anaeróbicas, mesófilas e termófilas. As aeróbicas consomen osíxeno e liberan dióxido de carbono, as anaeróbicas viven sen osíxeno e eliminan outros gases como o metano. Logo están as mesófilas que viven a temperatura ambiente ata a nosa temperatura corporal, e as termófilas que viven con altas temperaturas a partir da nosa temperatura corporal.
¿Qué seres vivos axudan a facer o compost?¿De qué se encargan?
Para facer compost, os bichiños que axudan poden ser os escaravellos, caracois e babosas, moscas, arañas e formigas, se encargan de transformar os restos de productos orgánicos en compost. Logo a partir do compost podemos facer humus, e para iso e necesario que as lombrices de terra coman os restos de productos orgánicos e os expulsen. O humus é un producto máis elaborado que o compost.