Compost

O compost ou a composta é un produto obtido a partir de diferentes materiais de orixe orgánica (lodos de depuración, estiércol, fracción orgánica de residuos sólidos, residuos agropecuarios e outros), os cales son sometidos a un proceso biolóxico controlado de fermentación denominado compostaxe. Posúe un aspecto terroso, libre de cheiros e de patóxeno, empregado como abono de fondo e como substituto parcial ou total de fertilizantes químicos.
A composta úsase en agricultura e xardinería como emenda para o chan , aínda que tamén se usa en paisaxismo, control da erosión, recubrimientos e recuperación de chans.
Para obter un bo compost debes usar, no mínimo tempo, unha gran variedade de materiais, o máis triturados posible. Canto máis triturados estean, máis rápido obterás o compost. Toda a materia que uses debe ser orgánica. É moi importante que mestures materiais de rápida descomposición cos de lenta descomposición.
Evitar: Carne e peixe, produtos derivados do leite, produtos que conteñan fermentos ou graxas.

¿Poderánse conseguir materiais máis selectos e eficientes para una optimización do compost?
Esta entrada foi publicada en COMPOST-ARTE, Cultura científica 1º Bacharelato, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.