A penicilina

O termo penicilina provén do inglés penicillin. Este concepto nomea ao mofo de cuxos cultivos se extrae a penicilina, que é unha substancia antibiótica utilizada para combater as enfermidades causadas por distintos microorganismos.

O primeiro antibiótico que foi utilizado de forma masiva na medicina foi a penicilina G, tamén coñecida como bencipenicilina. Este antibiótico foi descuberto por Alexander Fleming en 1928, quen, xunto a Ernst Boris Chain e Howard Walter Florey, encargouse de producilo en masa.

A penicilina de Alexander Fleming cambiou a historia médica como tratamento contra as enfermidades infecciosas.

A primeira demostración de que a penicilina era útil para a medicina levouna a cabo en 1930 o patólogo inglés Cecil George Paine, antigo alumno de Fleming, que tentou tratar a sicosis, pero sen éxito, probablemente porque o medicamento non era administrado con suficiente profundidade. Con todo, logrou ter éxito aplicando o filtrado en neonatos para o tratamento da oftalmía neonatal, logrando a súa primeira cura o 25 de novembro de 1930, nun adulto e tres bebés. Máis tarde, este tratamento pudo salvar millóns de vidas, incluídos os militares da II Guerra Mundial.


En qué bacterias evita o desenvolvemento a penicilina?

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta