BIO 20. Ciclo celular.

Comenta o que se expresa na imaxe.O ciclo celular

Ciclo celular

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

5 Responses to BIO 20. Ciclo celular.

  1. marta2bio di:

    A interfase é o período que transcorre entre dúas mitoses sucesivas, e ocupa a maior parte do ciclo celular. Durante a interfase hai unha grande actividade metabólica, a célula aumenta de tamaño e duplica o seu material xenético en preparación para a división celular.
    – Fase G1: sintetízanse as proteínas necesarias para que a célula aumente de tamaño. Comeza ao rematar a fase M e dura ata que se inicia a fase S. A súa duración é variable.
    – Fase S: prodúcese a replicación do ADN e sintetízanse as novas histonas. como resultado desta replicación, cada cromosoma está formado por dúas cromátides unidas polo centrómero.
    – Fase G2: ten unha duración moi curta, e nela a célula pode aumentar de tamaño. Duplícanse os centríolos e finaliza cando se inicia a condensación dos cromosomas.

  2. alvarogran2bio di:

    Como ben sabemos, o ciclo celular divídese en interfase e mitose/meiose. A súa vez, a interfase subdivídese nas fases G1, S e G2. Deste xeito, na subfase denominada S ocorren acontecementos tales como a replicación ADN (preparándose para dividirse), como resultado cada cromosoma duplícase e queda formado por dúas cromátidas idénticas. Ademais, o tempo de duración depende da temperatura e do tipo de célula e está comprendido entre 10 e 12 horas. Ocupando a metade do tempo que dura o ciclo cecular nunha célula de mamífero típica.

  3. lauragon2bio di:

    A fase S ten lugar durante a interfase do ciclo celular. A interfase é o período que transcorre entre dúas mitoses sucesivas. Está constituído por tres fases: a fase G1 (que pode comprender a fase G0 se a célula entra nun período de quiescencia), a fase S e a fase G2. Nestas fases a célula aumenta de tamaño e duplica o seu material xenético cunha gran actividade metabólica. Remata no momento en que se inicia a condensación dos cromosomas.
    A fase S tamén é chamada fase de síntese. Nela prodúcese a replicación do ADN e sintetízanse as novas histonas. Como resultado desta replicación, cada cromosoma está formado por dúas cromátides irmás unidas polo centrómero, que serán visibles na fase mitótica. Esta replicación permite que as células fillas, tras a mitose, teñan idéntico material xenético, que sexan idénticas á célula nai.
    A súa duración depende da temperatura e do tipo de célula.

  4. isabel2bio di:

    A interfase é unha fase do ciclo celular, que é un conxunto ordeado de sucesos que conducen ao crecemento da célula e á división en dous células fillas.
    A interfase pode dividirse á súa vez en subfases:
    -FASE G1: que corresponde co crecemento celular.
    -FASE S: na que a célula sintetiza o seu ADN e o número de cromosomas duplícase.
    -FASE G2: na que a célula reanuda o seu crecemento en preparación para a división(mitose).
    Tamén hai outra fase que poderíamos dicir que pertence ao G1, onde ingresan as célulsa que non se dividen a menudo ou nunca. Esta fase chámase G0.

  5. anton2bio di:

    Nesta imaxe observamos unha interpretación do ciclo celular, explicándonos principalmente a Fase S da Interfase na cal se produce a replicación do ADN que pasa dunha cantidade 2C a unha cantidade 4C. A duración da interfase depende da temperatura á que se encontre a célula e do tipo de célula no que se esté a producir a interfase.
    A interfase é o proceso previo á mitose xa que para esta necesitamos que se produzca esa replicación do ADN para que despois da mitose se obteñan dúas células diploides.