A USC pon en marcha en Lugo a súa granxa experimental

O consello do Goberno  da USC aprobou construir unha granxa experimental no municipio de Castro Rei, na provincia de Lugo.

A futura granxa experimental do Campus Terra constará dunha nave principal que acollerá o gando vacún para  a  produción de  leite  e  recría da  Granxa  Gayoso  Castro,  un  edificio  de  prácticas  cunha aula e un laboratorio, unha nave de maquinaria, silos de forraxe e unha fosa de xurro. A  granxa  está  rodeada  por  distintas  parcelas  cunha  superficie  total  de arredor  de  30  hectáreas.

O seu fin básase nun laboratorio para probar novas técnicas e tecnoloxías e a transferencia de resultados ao sector agro-gandeiro en xeral e aos produtores da contorna, en especial. Tamén, esta granxa experimental cubrirá unha parte importante das prácticas da Facultade de Veterinaria e da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra. A nova granxa experimental presenta tamén múltiples oportunidades no eido da investigación, en especial as relativas á gandaría de precisión (smart farming) e a sistemas de produción baixos en insumos como é o pastoreo.

Plano da granxa experimental da USC en Lugo.

PARA VER INFORMACIÓN MÁIS COMPLETA PINCHA                                                            1. EXEMPLO DE GRANXA          2. INFORMACIÓN      3. INFORMACIÓN

 

PARA VER O VÍDEO PINCHA AQUÍ

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.