Facer deporte,

Facer deporte, levar unha alimentación sa, non fumar e tomar alcol con moderación van unidos a unha mellor lonxevidade Camiñar a bo paso unha hora ao día é un dos exercicios máis recomendables. 

En Logroño segundo recentes estudos, aproximadamente o 46% da poboación española non practica exercicio no seu tempo libre. En opinión dos especialistas, este mal hábito sedentario supón unha diminución na calidade de vida e aumenta o risco de padecer numerosas enfermidades e discapacidades derivadas destas.

A práctica regular de exercicio físico é unha recomendación establecida para previr e tratar os principais factores de risco cardiovascular modificables, como a diabetes mellitus, a hipertensión e a dislipemia. Realizar actividade física de intensidade moderada durante un mínimo de 30 min 5 días por semana ou de intensidade alta durante un mínimo de 20 min 3 días por semana mellora a capacidade funcional e asóciase a reducións na incidencia de enfermidade cardiovascular e mortalidade. O exercicio físico induce adaptacións fisiolóxicas cardiovasculares que melloran o rendemento físico, e só en casos extremos poden conducir a un risco aumentado de complicacións asociadas ao exercicio físico.

A incidencia de morte súbita ou complicacións graves durante a práctica de exercicio físico é moi baixa, concéntrase nas persoas con cardiopatías ou con adaptación cardíaca moi patolóxica ao exercicio e a maioría destes casos pódenos detectar unidades de cardiología ou profesionais ben instruídos.

A práctica regular de exercicio físico demostrou ter efectos beneficiosos sobre a saúde psicolóxica.

Resultado de imagen de ejercicio fisico y salud


 

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.