- ¿Cales son os compoñentes dos nucleótidos? Indica que enlaces poseen e como se forman.
Etiquetas
#Santiago Adobe Atmósfera bioloxía Bios biotecnoloxía blog cesga compost CTMA Deporte deriva continental Exame excursión glícidos hidrosfera informática internet lípidos micromachismo microondas minerais noticia ordenador placas PLE Presentación riscos rochas Santiago de compostela saúde SIDA sismos Software Tecidos Tecnoloxía tectónica tectónica de placas Terra TIC twitter universo video VIH volcánsComentarios recentes
- pedro2bac en BIO32. Mutación
- david2bac en BIO32. Mutación
- lia2bac en BIO32. Mutación
- antia2bac en BIO30. Os equilibrios puntuados.
- pedro2bac en BIO30. Os equilibrios puntuados.
-
Artigos recentes
Categorías
Sitios de interés
Os nucleótidos están fromados por bases nitroxenadas, pentosas e ácido fosfórico. Posúen enlace N-glucosídico e enlace fosfodiéster. O N-glucosídico fórmase entre un -OH e un composto aminado, o enlace fosfodiéster fórmase entre un grupo hidroxilo (OH-) no carbono 3′ e un grupo fosfato no carbono 5′ do nucleótido entrante.
Os nucleótidos están formados por un grupo fosfato (H3PO4), unha base nitroxenada (A, C, G, T ou U) e un monosacárido de 5 carbonos (unha pentosa) que pode ser ribosa ou desoxirribosa.
Unha pentosa únese coa base nitroxenada mediante un enlace N-glucosídico, formando un nucleósido. Este enlace lévase a cabo entre o C1′ da pentosa e o N que ocupa a posición 1 na base pirimidínica, e o N da posición 9 das bases púricas, con pérdida dunha molécula de auga.
Dispois de formarse o nucleósido tense que enlazar un ácido fosfórico para formar o nucleótido mediante o enlace fosfodiéster. Os nucleótidos se forman pola esterificación da pentosa dun nucleósido cun ácido fosfórico, desprendendo unha molécula de auga. A unión prodúcese entre calquera hidroxilo da pentosa (xeralmente das posicións 3′ ou 5′) mediante un enlace fosfodiéster co ácido fosfórico. Algúns nucleótidos están unidos a dous ou máis grupos fosfatos.
Os compoñentes dos ácidos nucleicos son: unha pentosa que pode ser ribosa ou desoxiribosa, un ácido fosfórico e unha base nitroxenada que pode ser adenina, guanina, timina, citosina e uracilo. Para unir unha pentosa con unha base nitroxenada untilizamos o enlace N-glicosídico que se da entre o -OH do carbono-1′ da pentosa e dependendo do tipo de base co nitróxeno-1(pirimidinas) ou co nitróxeno-9 (puricas) formando así un nucleósido; para unir ese nucleósido a un ácido fosfórico utilizamos un enlace ester fosfórico que se da entre o -OH do carbono-5′ o co carbono-3′ da pentosa e únese ao fosfato formando así os nucleótidos.
Los nucleótidos son los monómeros de los ácidos nucleicos. Un nucleótido está formado por tres compoñentes : unha base nitroxenada, unha pentosa e un ácido fosfórico.
– Ácido fosfórico : aporta un carácter ácido ao nucleótido.
– Pentosa : son ribosas cicladas na súa forma de furanosa. Os carbonos da ribosa enuméranse de 1′ a 5′ en sentido horario.
– Base nitroxenada : son moléculas heterocíclicas, aromáticas e planas, moi apolares, as que derívanse do anel de purina chámanse púricas ( Adenina e Guanina ) e as que derivan do anel de pirimidina chámanse pirimidínicas (Citosina , Uracilo e Timina).
O nucleósido orixínase mediante a formación dun enlace N-glucosídico entre o OH do C-1′ da pentosa e o N-1 das pirimidinas e o N-9′ das púricas.
Os nucleótidos obtense cando únese un ácido fosfórico ao nucleósido mediante a formación dun enlace éster fosfórico có OH do C-5′ da pentosa.