Traballo en grupo. Proxecto Compostaxe

O desenvolvemento sustentable defínese como aquel que permite gozar dunha
calidade de vida e uns recursos determinados, sen comprometer o futuro das
xeracións próximas.
Baixo este punto de vista, non teriamos que basear a obtención de enerxía
en combustibles fósiles, que se esgotarán nun prazo máis ou menos
curto, nin tratar os nosos desperdicios como algo do que é preciso
desfacerse de forma definitiva, porque, se o facemos, desaproveitamos os
materiais dos que están feitos.

Outro exemplo son os abonos químicos ou de sínteses. Trátase de abonos
na fabricación dos cales se gasta moita enerxía, maioritariamente
obtida de combustibles fósiles. Estes abonos poden ser substituídos en boa
parte por abonos orgánicos, se se reciclan todo tipo de refugallos
orgánicos, como os residuos sólidos urbanos, barros de depuradora,
residuos de empresas de alimentación, de procesamiento de madeira,
xurros, etc.

Traballo en grupo:

  1. .- Abre no teu Drive unha presentación compartida entre todos os membros do teu grupo e co teu profesor. (concienciaclimantica@gmail.com). Terá os capítulos: Fundamento, preguntas de investigación, formulación hipótese, deseño experimental, recollidade datos,  interpretación de datos, extracción de conclusións e verificación-rexeitamento da hipótese,
  2. .- Localiza o documento proxecto Compost no Drive de aula. Comeza respostando as cuestións previas na presentación.


 

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, COMPOST-ARTE e etiquetada . Garda o enlace permanente.