As ondas sísmicas son un tipo de ondas mecánicas lonxitudinais ou transversais que constitúen a propagación temporal de perturbacións no campo de esforzos, xerando vibracións ou movementos polo medio que atravesan. Son as causantes dos terremotos, debido á brusca liberación da enerxía de ditas ondas acumulada nas rochas sometidas a esforzo, cando as ondas colisionan con elas.
Ondas Primarias (P): A primeira característica desta onda é que comprime e expande a roca, en forma alternada na mesma dirección en que viaxa. Estas ondas son capaces de viaxar a través das rocas sólidas así como de líquidos.
Ondas Secundarias (S): Viaxan máis lento que as ondas P, polo que arriban con posterioridade á superficie terrestre. movemento de arriba cara abaixo e de lado a lado, que sacode a superficie do chan vertical e horizontalmente. Este é o movemento responsable do dano das construcións.
Ondas Love (L): O seu movemento é o mesmo que o das Ondas S, só que restrinxido aos intervalos de interacción entre as diferentes capas da superficie terrestre. Viaxan máis rápido que as Ondas Rayleigh.
Ondas Rayleigh (R): Teñen un movemento vertical similar ao das ondas de mar. As ondas superficiais viaxan máis amodo que as ondas internas.
Tana Rodríguez, Bea Soto