Ondas sísmicas

As ondas sísmicas son un tipo de onda elástica forte na propagación de perturbacións temporais do campo de tensións que xeran pequenos movementos nas placas tectónicas.
As ondas sísmicas poden ser xeradas por movementos telúricos naturais, os máis grandes dos cales poden causar danos en zonas onde hai asentamentos urbanos. Existe toda unha rama da sismología, que se encarga do estudo deste tipo de fenómenos físicos. As ondas sísmicas poden ser xeradas tamén artificialmente por exemplo o uso de explosivos ou camións (vibroseis). A sísmica é a rama da sismología que estuda estas ondas artificiais.


TIPOS DE ONDAS:

Ondas Primarias (P):
A primeira característica desta onda é que comprime e expande a roca, en forma alternada na mesma dirección en que viaxa. Estas ondas son capaces de viaxar a través das rocas sólidas así como de líquidos, por exemplo océanos ou magma volcánico. Son capaces de transmitirse a través da atmosfera, polo que en ocasións son percibidas por persoas e animais como un son grave e profundo.
Ondas Secundarias (S):
Viaxan máis lento que as ondas P, polo que arriban con posterioridade á superficie terrestre. movemento de arriba cara abaixo e de lado a lado, que sacode a superficie do chan vertical e horizontalmente. Este é o movemento responsable do dano das construcións.
Ondas Love (L):
O seu movemento é o mesmo que o das Ondas S, só que restrinxido aos intervalos de interacción entre as diferentes capas da superficie terrestre. Viaxan máis rápido que as Ondas Rayleigh.
Ondas Rayleigh (R):
Teñen un movemento vertical similar ao das ondas de mar. As ondas superficiais viaxan máis amodo que as ondas internas.

http://4.bp.blogspot.com/-Jfl-mheFWA4/TpMhRkLTXOI/AAAAAAAAExc/jOCmW0EnjlU/s1600/cpos.gif

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta