Ondas sísmicas

Un sismo consiste precisamente na liberación repentina dos esforzos impostos ao terreo. Desta maneira, a terra é posta en vibración. Esta vibración é debida á propagación de ondas. Hai catro tipos:

As ondas primarias (P) son ondas lonxitudinais, o cal significa que o chan é alternadamente comprimido e dilatado na dirección da propagación. Estas ondas xeralmente viaxan a unha velocidade 1.73 veces das ondas S e poden viaxar a través de calquera tipo de material.

As ondas secundarias (S) son ondas transversais ou de corte, o cal significa que o chan é desprazado perpendicularmente á dirección de propagación, alternadamente cara a un lado e cara ao outro.  A súa velocidade é ao redor de 58% a dunha onda P para calquera material sólido.

Ondas de Rayleigh, cando un sólido posúe unha superficie libre, como a superficie da terra, poden xerarse ondas que viaxan ao longo da superficie. Estas ondas teñen a súa máxima amplitude na superficie libre, a cal decrece exponencialmente coa profundidade, e son coñecidas como ondas de Rayleigh en honra ao científico que predixo a súa existencia.

As ondas Love son as que provocan cortes horizontais na terra.

Para máis información

Resultado de imagen de Ondas sísmicas


Candela e Selva.

 

 

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta