Lípidos3: mapa conceptual

Redacta en apartado comentarios 5 frases mirando o mapa conceptual do tema.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

6 Responses to Lípidos3: mapa conceptual

  1. isabel2bio di:

    -Os lípidos poden ser saponificables ou insaponificables segundo teñan ácidos graxos ou non.
    -Os lípidos saponificables poden ser saturados ou insaturados segundo non teñan dobres enlaces ou si.
    -Os fosfolípidos, os glicolípidos e os esteroides forman parte das membranas celulais.
    -As moléculas anfipáticas teñen unha zona hidrófoba e outra hidrófila.
    -Os lípidos que realizan as funcións de reserva enerxética e de protección, son os acilglicéridos ou graxas e os céridos.

  2. marta2bio di:

    1. Os lípidos saponificables conteñen ácidos graxos e os insaponificables non.

    2. Os ácidos graxos son moléculas anfipáticas que forman monocapas, bicapas e micolas en disolución acuosa.

    3. As graxas teñen función de reserva enerxética e protectora e fórmanse por esterificación de un ácido graxo e unha proteína.

    4. Os esteroles son lípidos estruturais das membranas que teñen un núcleo de esterano, o máis importante é o colesterol.

    5. Os fosfolípidos divídense en esfingolípidos, que conteñen esfingosina, e fosfoglicéridos, que son derivados do ácido fosfadídico.

  3. jose2bio di:

    Os lípidos son Biomoléculas e podense clasificar en saponificables e insaponificables.
    Os Ácidos graxos son moléculas anfipáticas que forman bicapas.
    Os céridos son lípidos formados por esterificación e con funcion protectora.
    Terpenos e Esteroides son uns tipos de lípidos.
    Os lipidos poden ter a función de reserva enerxética ou con función estructural nas membranas.

  4. lauragon2bio di:

    Os lípidos estruturais das membranas son os fosfolípidos que se dividen en esfingolípidos e fosfoglicéridos, os glicolípidos e os esteroles.
    As principais funcións biolóxicas dos lípidos son: reservas enerxéticas e proteccción,estrututrais (lípidos da membrana) biocatalizadores, e dar pigmentos captadores de luz.
    Os lípidos clasifícanse en saponificables, se teñen ácidos graxos e insaponificables se non teñen.
    Os ácidos graxos divídense en saturados e insaturados dependendo de se teñen ou non dobres enlaces.
    Os ácidos graxos son moléculas anfipáticas que forman monocapas (que teñen que estar en contacto co aire), bicapas e micelas en disolución acuosa.

  5. daniel2bio di:

    1-Os lípidos poden ser saponificables ou insaponificables.
    2-Os ácidos graxos clasifícanse en saturados e insaturados.
    3-Os esteroides están formados por un núcleo de esterano e o máis importante é o colesterol.
    4-Os lípidos son biomoléculas orgánicas compostas por bioelementos
    5-Os ácidos graxos son moléculas anfipáticas debido a que teñen unha parte polar e outra apolar.

  6. eva2bio di:

    – Os lípidos son biomoléculas orgánicas formadas por C, H e O principalmente, aínda que tamen poden aparecer na súa composición o N, o P e o S.
    – Os lípidos clasifícanse en saponificables e insaponificables, segundo conteñan ou non ácidos graxos. Os saturados os conteñen, os insaturados non.
    – Os lípidos saponificables divídense a súa vez en saturados, se presentan dobres enlaces, e en insaturados, se non os presentan.
    – As funcións principais desta biomolécula son a de reserva enerxética e protectora, e a de estructural das membranas.
    – As outras funcións menos destacables realizanas os terpenos, os esteroides e as prostaglandinas.