Incendios Forestais

INCENDIOS FORESTAIS

O lume é un elemento natural que necesita o noso ecosistema para a rexeneración de bosques e montes, pois achega estratexias rebrotadoras e de germinación tras o seu paso. Con todo, deixou de ser unha perturbación natural que modela a paisaxe para converterse nunha terrible ameaza que en máis dun 96% dos casos en España está ocasionada polo ser humano.

A falta de prevención é un problema fundamental. Este factor, xunto co abandono rural e outras dificultades estruturais, xerou un aumento de incendios forestais altamente perigoso, non só para a biodiversidade, senón tamén para a seguridade da poboación. Ademais, a maior frecuencia e intensidade das ondas de calor e o aumento das temperaturas contribúe a unha maior frecuencia e intensidade de incendios forestais.

España é o país da Unión Europea máis afectado polos incendios forestais. Outros países do ámbito mediterráneo como Portugal, Grecia, o sur de Francia ou Italia tamén os sofren especialmente. A pesar deste problema de primeira orde, non existe unha política forestal comunitaria.

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta