Incendios forestais

Entre o venres 13 e o domingo  15 de outubro rexistráronse 146 incendios, 60 tan solo na xornada do domingo. Terminaron arrasando miles de hectáreas e deixando catro víctimas mortais, tiveron lugar en Asturias, Portugal e, maioritariamente en Galicia.

A biodiversidade é o termo polo que se fai referencia á ampla variedade de seres vivos sobre a Terra e os patróns naturais que conforma, resultado de miles de millóns de anos de evolución segundo procesos naturais e tamén, da influencia crecente das actividades do ser humano.

Os incendios forestais teñen moita repercusión sobre a biodiversidade biolóxica. A escala mundial, son unha fonte importante de emisión de carbono, contribuíndo o calentamento global mundial, que podería modificar a biodiversidade. Nos planos rexional e local, modifican o volumen da biomasa, alteran o ciclo hidrolóxico con consecuencias sobre sistemas marinos como os arrecifes de coral, e influen no comportamento das especies vexetais e animais. O humo pode reducir notablemente a actividade fotosintética e perxudicar a saúde dos seres humanos e dos animais.

Un dos efectos ecolóxicos máis importantes dos incendios é a maior probabilidade de que se produzan novos episodios do mesmo tipo nos anos seguintes, o caer as árbores, o que permite que a luz do sol reseque o bosque e produza unha acumulación de combustibles cun aumento de especies susceptibles os incendios, como, por exemplo, as herbáceas inflamables.

Este vídeo resume a situación vivida nos incendios producidos en Galicia:


Actividade: Busca no vídeo por qué se fixo difícil a extinción destes incendios.

Creo que vivir esta situación nos pobos, nos bosques e ata na mesma cidade paréceme incible, sobre todo sabendo que os culpables teñen nome e apelidos, creo que a mellor frase que escoitei estes días foi: Galicia non arde, a Galicia quéimana.

 

 

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.