Xeo2: Minerais velenosos

Sabías que algúns minerais poden resultar perigosos, por ser tóxicos, radioactivos ou cancerigenos? Na páxina web seguinte podes atopar información sobre o tema.

Busca información e resposta en comentarios a esta actividade comentando este tema e poñendo exemplos.

 

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Xeoloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

5 Responses to Xeo2: Minerais velenosos

  1. pedro2bac di:

    Os minerais sulfurados, que son estables nunhas condicións físico-químicas determinadas, propias do subsolo, pasan a ser inestables ou metaestables ao poñerse en contacto coas condicións atmosféricas, xerando novos compostos. A razón para isto radica nas reaccións de ixodación e hidrólise ás que se ven suxeitos na superficie. Algúns dos compostos formados (p. ex. ácido sulfúrico) e metais liberados (Ni, Co, Cu, Zn, Cd, Pb, Hg, etc.) durante estes procesos son elevadamente tóxicos ou perigosos.

    Os minerais máis radiactivos son aqueles que conteñen potasio (ex.: silvina), uranio (ex.: autunita) e torio (ex.: monacita).

    Un mineral canceríxeno sería por exemplo a fenaquita, que pode inducir o cancro de pulmón.

    O chumbo é un metal pesado característico pola súa alta toxicidade.

  2. alvaro2bac di:

    Os minerais velenosos usados na nosa vida cotidiana son extraidos de maneira que produce a súa contaminación.

    Hai diferentes efectos dos minerais velenosos:

    .Como a toxicidade aguda: que se manifiesta de maneira rápida e con pouca concentración xa causa a morte, como o monóxido de carbono.

    .toxicidade crónica: debese pola bioacumulación dunha substancia tóxica no noso organismo. Que non se manifiesta ao instante.

    Hai diferentes características que se distinguen entre si para ser chamados tóxicos:

    .biodisponibilidad: Débese polo contacto, do ser humano ou dos seres vivos, a substancia tóxica.

    .Persistente ou non persistente: Depende fundamentalmente da reactividade química (as substancias máis persistentes son as menos reactivas).

    .bioconcentración: asimilación neta dunha substancia por un organismo según o medio.

  3. raquel2xeo di:

    Aínda que solemos contemplar os minerais con fascinación, algúns de eles poden ser mortais, xa que se trata de minerais tóxicos, canceríxenos ou radioactivos. A maioría de minerais perigosos teñen nomes exóticos, pero tamén se incluyen dentro deste grupo minerais tan comúns como a pirita ou o cuarzo. Algúns destes minerais son:
    -Cinabrio: ao oxidarse produce uns compuestos tóxicos como o metilmercurio e o dimetil de mercurio. É mortal en concentracións pequenas, e pode absorberse a través do tracto respiratorio, os intestinos ou a pel.Estos dous compostos poden afectar moi gravemente ao aparello nervioso.
    -Cuarzo:A pesar de ser o mineral máis abundante da corteza terrestre, a exposición prolongada ás súas partículas finas pode provocar cáncro de pulmón, enfermedades renais, problemas inmunolóxicos e silicose.
    -Feldespato Potásico: Contén pequenas cantidades de uranio radiactivo que forman gas radón, e que según a EPA é un dos maiores causantes de cáncro de pulmón de todo Estados Unidos.

  4. lucia2bac di:

    Na natureza podemos encontrar minerais velenosos, radioactivos e canceríxenos.
    Os minerais velenosos máis importantes son os que conteñen arsénico, debido a súa alta toxicidade e a súa abundancia.
    Afortunadamenete temos relativamente poucos minerais canceríxenos; ainda que hai un deles ou máis ben unha familia que está moi difundida, o asbesto. O máis perigoso é o chamado asbesto azul.
    Tamén podemos atopar minerais que conteñen uranio e torio que serían perigosos pola súa alta radiación. Estes minerais desprenden radón, estudos recentes da Universidade de Santiago de Compostela desmostran que a súa abundante inhalación pode chegar a producir cancro.

  5. maria2xeo di:

    Os minerais de arsénico son os máis importantes dentro dos tóxicos tanto pola súa abundancia como pola su elevada toxicidade, e sempre deben manexarse con precaución.
    Ademáis da súa toxicidade, tamén debe terse en conta a sua solubilidade, xa que se é soluble e se se inxire, resulta tóxico ao absorbelo no tubo dixestivo.
    Debe terse en conta tamén a presenza de minerais perigosos “camuflados”. Por exemplo, a alteración pola acción da luz do “rejalgar” produce óxidos de arsénico, así como a oxidación do arsénico nativo.
    O mineral máis canceríxeno é o asbesto. O perigro atópase no paso aos pulmóns de fibras diminutas de destos minerais, producidas na extracción ou limpeza de exemplares.
    O uranio é un mineral especialmente tóxico e presenta tres tipos de riscos debidos a súa radiactividade. Estos riscos son a irradiación externa, a irradiación interna por inxestión e a irradiación interna por inhalación dos productos de fisión do radón.