1.-Introdución Glícidos

Glícidos, sacáridos, carbohidratos ou hidratos de carbono.


 

Despois de ve-lo vídeo comenta dúas ideas que aínda non se comentaran polos teus compañeiros/as.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

10 Responses to 1.-Introdución Glícidos

  1. alvarogran2bio di:

    Os glícidos poden ser nomeados de dous maneiras a maoires: sacáridos ou carbohidratos. A fórmula xeral para os gícidos MÁIS IMPORTANTES(hainos que non responden á formula) é (CH2O)n,vindo así o por qué de que se denominen carbohidratos(porque por cada átomo de osíxeno haberá o dobre de hidróxenos).
    É destacable indicar que os glícidos están formados por unha cadea de carbonos unidos a un grupo aldehido(aldosa) ou cetona(cetosa).
    Para acabar,indicar as dúas funcións destes:
    1)FUNCIÓN ENERXÉTICA:material enerxético inmediato dos seres vivos, sendo a glicosa a máis usual para facer as funcións vitais.Alguns glicidos funcionan de reserva enerxética (almidón e glucóxeno)
    2)FUNCIÓN ESTRUTURAL:a celulosa,pectina e hemicelulosa forman parte das paredes celulares das plantas;a quitina intervén na formacion de exosqueleto dos artrópodos

  2. isabel2bio di:

    Neste vídeo, no que se nos introduce o concepto de glícidos, podemos comezar a entender esta biomolécula orgánica desde mesmo a seu nome, carbohidratos, o cal quere dicir que por cada átomo de carbono hay una molécula de auga (“carbono hidratada”), presentándonos desta maneira a fórmula (CH2O), sendo n o número de carbonos. Grazas a esta fórmula podemos saber facilmente a fórmula empírica de, por exemplo, a glicosa (CH20)6, sendo esto igual a seis carbonos, doce hidróxenos e seis osíxenos.
    Creo que todo estudante de bioloxía debe de estar agradecido da existencia desta fórmula.

  3. lauragon2bio di:

    Os glícidos tamén son chamados hidratos de carbono ou sacáridos e foman parte das moléculas orgánicas e dos elementos máis importantes da biosfera. Están formados por principalmente por carbono, hidróxeno e osíxeno e a súa fórmula empírica é (CH2O)n.
    Se dividen en dous grupos:
    -Osas: son monosacáridos (1 molécula) que están formados polas cetosas e as aldosas.
    -Óxidos:unión de monosacáridos entre eles, que son os holósidos (holigosacáridos e polisacáridos) ou, tamén un monosacárido unido a un lípido ou proteína.

  4. raul2bio di:

    Os glícidos son biomoléculas formadas por átomos de carbono,hidróxeno e osíxeno,unidos por enlaces covalentes,con fórmula xeral CH2O,aínda que tamén poden unirse con outros elementos para así aumentar as súas funcións.
    Os glícidos máis simples son os monosacáridos(frutosa,glicosa…).Os disacáridos son unións de monosacáridos(sacarosa,lactosa…).Os polisacáridos son polímeros constituídos por monomeros unidos mediante enlace o-glicosídico e principalmente teñen función estrutural(celulosa equitina) e enerxética(glucosa e amidón)

  5. anton2bio di:

    Os glúcidos están formados por átomos de cárbono, hidróxeno e osíxeno e todos os glúcidos seguen a seguinte fórmula xeran CH2O multiplicado por n sendo n o número de carbono.
    Paréceme interesante que cando unha molécula é alfa ten función de almacenamento de enerxía e e cando é beta ten función estrutural.

  6. marta2bio di:

    Os glícidos están formados por un esqueleto de carbonos unidos, na maioría, a un grupo hidroxi (OH). Por exemplo, na glicosa a maioría de átomos de carbono están unidos a un grupo hidroxi, tamén atopamos un carbono unido cun grupo carbonil.

    Presentan dúas funcións: estrutural (reserva de enerxía) e enerxética (aportan enerxía).

  7. daniel2bio di:

    Os glícidos son biomoléculas que se denominan tamén carbohidratos debido a que a súa fórmula molecular é (CH2O)n, onde n corresponde ao número de átomos de carbono que contén. Están formados por unha cadea principal de átomos de carbono, que se unen na maioría das veces a un grupo hidroxilo e sempre temos un cabrono unido a un grupo carbonilo cun doble enlace a un osíxeno.
    Teñen dúas funcións: enerxética como o glicóxeno
    ou estrutural como a celulosa.

  8. javiercomen2bio di:

    Os glícidos son biomoléculas que se coñecen vulgarmente como azúcares.A fórmula máis común dos glícidos é (CH2O)N onde n é o número de carbonos do glícido.Cando un glícido está só denomínase monosacárido,se hai de 2 a 11 glícidos enlazados disacáridos e se hai máis enlazados polisacáridos.As dous funcións principais dos glícidos son:
    Función estrutural:como a celulosa nos vexetais e a quitina nos invertebrados e fungos.
    Función enerxética:como o glicóxeno nos animais e o amidón nos vexetais.

  9. pablo2bio di:

    Os glúcidos son biomoléculas minimamente formadas polos 3 primeiros bioelemento primarios C,H,O sendo a súa forma molecular (CH2O)n; sendo n o número de átomos que hai no esqueleto principal. Os glúcidos máis básicos reciben o nome de monosacáridos.A unión de dous monosacáridos mediante un enlace O-glucosídico da lugar a disacáridos.A partir de 11 monosacáridos teñen o nome de polisacáridos.Os glúcidos prensentan isomería, facilitando así as súas diversas funcións biolóxicas, tales como: reserva enerxética e función estructural.

  10. eva2bio di:

    Neste vídeo introdúcesenos ao termo glícido, o cal tamén recibe comunmente os nome de carbohidrato e sácarido. Un glícido é unha biomolécula,composta en case todos os caos polos tres bioelementos máis importantes: C,H e O. Con estos compoñentes, crease a fórmula xeral dos glícidos máis importantes,(CH2O)n. O n é o número de carbonos que compoñen o esqueleto da molécula, do que hay dous tipos.
    Introdúcenos tamen as súas funcións,a enerxética e á estructural.
    Na miña opinión, o vídeo é unha gran introdución para este tema, que pode chegar a ser bastante complexo.