2.Glícidos

Os glícidos son biomoléculas orgánicas formadas por C, H e O, cuxos grupos funcionais característicos son o aldehído ou a cetona, e que cumplen funcións enerxéticas e estruturais nos organismos.

Busca e comenta tres ideas do vídeo (diferentes das que comentan os teus compañeiros/as )…


Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

4 Responses to 2.Glícidos

  1. lia2bac di:

    Os glícidos teñen un monómero que se repite, os monosacáridos, para formar disacáridos, formados por dous monómeros, ou polisacáridos, estes últimos poden estar na membrana celular actuando como sinais de recoñecemento, localización ou destino. Aos compostos chamaselles alfa ou beta dependendo de como se sitúe o grupo alcohol no primeiro carbono: alfa, o grupo alcohol cara abaixo; e beta; o grupo alcohol cara arriba.

  2. pedro2bac di:

    · Os glícidos forman parte da estrutura de plantas e insectos e do ser humano. Nas plantas atópanse como celulosa, nos insectos como quitina e nos humanos como condroitina.

    · Os carbohidratos ou hidratos de carbono (glícidos) forman parte da dieta diaria, constituíndo un trinta por cento dos alimentos que consumimos, que podemos encontrar en forma de amidón e azucres por exemplo en cereales e tubérculos.

    · O excedente de glucosa almacénase no fígado como glucóxeno ou en adipocitos coa finalidade de xerar lípidos, e se ese excedente é moi alto leva a problemas de obesidade.

  3. david2bac di:

    Os monosacáridos de cinco ou máis carbonos, adoptan estruturas cicladas cando están en medio acuoso, o cal é frecuente na natureza. Os glícidos estruturais máis importantes son a celulosa e a quitina; e os glícidos de reserva enerxética son o amidón e o glucóxeno. Os glícidos constitúen aproximadamente o 30% dos alimentos que consumimos os seres humanos.

  4. reg2bac di:

    As tres ideas máis importantes para min, son:

    ·Case todas as células conteñen na membrana celular polisacáridos, que actuan como sinais de recoñecemento.
    ·Os carbohidratos constituen un 30% da dieta diaria recomendada e están presentes , como: almidón, azucres, cereais e tubérculos.
    ·Os carbohidratos conteñen na súa estrutura básica C,H,O (Carbono , hidróxeno e osixeno).
    ·Claisícanse en monosacáridos e polisacáridos.