BIO2.Glícidos

Os glícidos son biomoléculas orgánicas formadas por C, H e O, cuxos grupos funcionais característicos son o aldehído ou a cetona, e que cumplen funcións enerxéticas e estruturais nos organismos.

Busca e comenta tres ideas do vídeo (diferentes das que comentan os teus compañeiros/as )…


Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

6 Responses to BIO2.Glícidos

  1. raul2bio di:

    Os glícidos son biomoléculas formadas por carbono hidróxeno e osíxeno.Teñen fórmula xeral CH2O e teñen como funcións principais a enerxética e a estrutural.Por exemplo,coa función enerxética,nos animais mantén a presión arterial,mantén o bo funcionamento dos musculos,mantén a temperatura corporal,o bo funcionamento do intestino…
    Nos vexetais proporciona enerxía tanto directamente como indirectamente(enerxía de reserva).
    Como función estrutural,cabe destacar a da quitina(exoesquelete)nalgúns artrópodos e crustáceos e a da celulosa nas paredes das células vexetais.
    Os glícidos tamén teñen función de lubricante(ácido hialurónico),cementantes(condroitina),anticoagulantes(heparina)…

  2. marta2bio di:

    Segundo a súa complexidade clasifícanse en:
    – Monosacáridos: glucosa e fructosa.
    – Disacáridos: dous azucres sinxelos unidos por un enlace glicosídico, forman sacarosa e lactosa.
    – Polisacáridos: o amidón e glicóxeno forman a reserva enerxética, a celulosa e quitina teñen función estrutural en plantas e insectos.

    Unha propiedade dos monosacáridos é a isomería, que é o cambio da posición dos diferentes sustituíntes dos carbonos, que dan lugar a compostos chamados enantiómeros.

  3. isabel2bio di:

    Este vídeo, que sería para complementar o noso coñecemento adquirido no vídeo introductorio sobre os glícidos, preséntanos esta biomolécula orgánica como algo imprescindible tanto na nosa dieta, como algo presente en todas as células, tanto pola súa función enerxética como estrutural.Como por exemplo a celulosa, que ten función estructural e é vexetal; a quitina, esta é estructural e forma por exemplo o exoesqueletos dos insectos e a condroitita estructural dos seres humanos.

  4. lauragon2bio di:

    Neste vídeo compleméntase a información dos glícidos, no que eu extraín que:
    Os carbohidratos (presentes no 30% dos alimentos que consumimos diariamente preséntanse como azucres,tubérculos, almidóns e cereais) son moléculas orgánicas que nos proporcionan enerxía necesaria para que as células realicen as súas funcións e forman parte das estruturas dos vexetais (celulosa), dos insectos (quitina) e do ser humano (condroitina), tamén están presentes nas membranas das células que funcionan como señais de recoñocemento, localización ou destino metabólico de diversos compostos intracelulares.

  5. daniel2bio di:

    Os glícidos clasifícanse de tres formas, monosacáridos, disacáridos e polisacáridos. Poden unirse mediante a unión de dous ou máis monosacáridos mediante enlaces O-glicosídicos.
    Os monosacáridos poden presentar isomería se un carbono ten os catro substituíntes diferentes.
    Cando un glícido se atopa en forma lineal e entra en contacto coa auga, éste ciclase. Ao ciclarse, se o grupo OH queda cara abaixo é alfa e se se encontra cara arriba é beta.

  6. alvarogran2bio di:

    Grazas a este vídeo queda completada a información sobre os glícidos, destacando tres ideas:
    1)case todas as células conteñen polisacáridos na membrana ,actuando de sinais de recoñecemento,localización ou de destino metabólico de diversos compostos.
    2)Os monosacáridos poden ter isomería óptica , se o composto conta cun carbono asimétrico (4 substituintes diferentes).
    3)existen os isómeros epímeros,azucres que difieren na colocación dos substituintes.