Sígueme en Twitter

 

O resto do corpo da mensaxe é libre. O obxectivo deste chío é solicitar a inclusión na lista Twitter que imos crear con toda a xente desta materia, que se atopa na ligazón https://twitter.com/nac812/lists

  • A idea de crear esta lista é dobre. Por un lado, quero que vos subscribades a ela, xa que é unha forma de tela á man e tamén nalgún momento determinado ver só a actividade en Twitter da xente do curso. E por outro lado, unha vez estea máis ou menos completa, quero que a usedes para buscar xente interesante á que seguir, de xeito que vos vaiades relacionando aqueles que tedes intereses en común (gustos pola ciencias,  tecnoloxías, materias similares, creación de materiais dixitais etc.). Por iso é altamente recomendable non descuidar a información do perfil. O seu obxectivo é informar sobre a materia e intereses en Twitter. 
  • Sigue polo menos a 4 dos/as teus compañeiros/as de lista.
  • Empeza a chiar (tuitear), a conversar, a seguir a xente interesante relacionada coas ciencias e os temas falados na aula, a Bioloxía a Xeoloxía, as TICS, a recomendar recursos informáticos, a rechouchiar (retuitear), a marcar favoritos etc. Cando recomendes unha ligazón ou digas algo que poida ser relevante para a xente da aula, engade o cancelo (a etiqueta ou hashtag) que te corresponda #Bio4ESO , #Culci1bac ,    # bioloxia1bac ,  #  bioloxia2bac , # Xeoloxia2bac

  • Tamén emprega algunha etiqueta como a disciplina (exemplo, #Bioloxía # Xeoloxía) ou o tema (#informática, #TIC, #bacharelato, #ESO, #reválida, etc.). Hai xente que usa etiquetas predefinidas para clasificar os seus tuits e logo ter un fácil acceso por categorías.
  • O obxectivo final , desta tarefa, é que empecemos a usar Twitter para recomendar enlaces de Ciencias, TICS, comentar, conversar e facer relacións, é dicir, para empezar a crear a nosa PLN. ……busca  no artigo valoración, as pautas valoración.

 

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, Bioloxía 2º Bacharelato, Cultura científica 1º Bacharelato, Xeoloxía 2º Bacharelato, Xeral e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.