O ATP

O ATP é o Trifosfato de adenosina.A estrutura do ATP é un nucleótido composto pola adenina (base nitroxenada), un azucre (ribosa) e tres grupos fosfato.É a principal molécula enerxética que conecta as reaccións produtoras de enerxía coas que a necesitan.As células adoitan gardar a enerxía necesaria para as súas reaccións en certas moléculas, a principal é o: ATP, trifosfato de adenosina. As células úsano para capturar, transferir e almacenar enerxía libre necesaria para realizar o traballo químico.

A función do ATP é subministrar enerxía hidrolizándo se a ADP e Pi. Esta enerxía pode usarse para: Obter enerxía química como a síntese de macromoléculas para logo transportalas a través das membranas; tamén outra función é usar esa enerxía para o traballo mecánico como por exemplo na contracción muscular, movemento dos cromosomas,movemento de cilios e flaxelos, etc.A función principal é a de prover enerxía á célula para que asi esta realice os seus múltiples traballos como o de: sintetizar e degradar compostos; transporte través das membranas; transporte de sinais entre o exterior e interior celular; e as máis importantes que son a DIVISIÓN CELULAR e a endocitose e exocitose.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.