Observan como unha Encima Repara os Danos Causados no ADN Pola Luz Ultravioleta

25 de Agosto de 2010.

Sábese dende hai tempo que os seres humanos carecemos dunha encima clave, abundante non obstante no reino animal e no vexetal, que reverte moitos dos danos causados pola radiación solar no ADN. Non obstante, ata agora descoñecíase o mecanismo específico deste efecto protector.

Recentemente nun estudo pioneiro, uns investigadores foron testemuñas de como actúa a escala atómica esta encima cando repara os danos no ADN. Este descubrimento probablemente sirva para desenvolver futuros tratamentos para as queimaduras solares e para axudar á prevención do cancro de pel.Dongping Zhong, físico e químico da Universidade Estatal de Ohio, e os seus colegas, foron capaces de observar como a encima, chamada fotoliasa, inxecta un electrón e un protón nunha febra de ADN danada. As dúas partículas subatómicas repararon o dano nunhas poucas mil millonésimas de segundo.Parece simple, pero esas dúas partículas atómicas iniciaron unha serie moi complexa de reaccións químicas. Ademais, todo aconteceu moi rápido, polo que a sincronización tiña que ser extremadamente precisa.O equipo de investigación sintetizou ADN no laboratorio e expúxoo á luz ultravioleta, producíndose nese ADN danos similares aos das queimaduras solares. Posteriormente, agregaron a encima fotoliasa. Usando pulsos de luz ultrarrápidos, tomaron unha serie de “fotografías” para captar como a encima repara a escala atómica o ADN.

fonte http://www.amazings.com/ciencia/noticias/250810c.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, Bioloxía 2º Bacharelato, Xeral e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.