A BIOS (do inglés Basic Input Output System ou sistema básico de entrada e saída) é un firmware da placa base e é o primeiro programa que se executa ao prender a computadora e que carga o sistema operativo dende o disco duro. Ao prender comproba os dispositivos que están conectados, como os discos duros, a RAM, a tarxeta gráfica, etc. Podemos entrar nela mediante unha tecla ou combinación delas (normalmente f2) e dende ela podemos ver a información xeral do equipo (como o modelo, o procesador, os núcleos, etc), probar os elementos de hardware para comprobar o seu correcto funcionamento ou poñer a computadora de fábrica (reseteala).
A BIOS non é exclusiva das computadoras e de feito se encontra nos smartphones, máis coñecida polo nome de modo recovery, dende o cal podemos resetear o móvil e cambiarlle a ROM (o equivalente do sistema operativo nun computador).
Nas computadoras máis antiguas, non existía a interface do sistema operativo, así que a BIOS funcionaba como unha, permitindo manexar a computadora mediante a introducción de comandos. Esta característica, aínda que hoxe en día non se conserva ao introducir novas forma de entrada de datos (coma o rato), sigue presente na consola de comandos, un programa mediante o cal podemos executar programas e facer comprobacións mediante a introducción de comandos.