TIC 38 – BIOS?

null

BIOS (Basic Input/Output System, ou en galego, Sistema Básico de Entrada/Saída), é un termo que, en informática, designa un firmware (programa informático gravado nun chip, ou na memoria flash) que se encarga de xestionar o acendido dun ordenador mediante a comunicación co hardware (conxunto de elementos físicos ou materiais que constitúen unha computadora ou un sistema informático) e, como mínimo, o teclado e o monitor. As BIOS son específicas de cada placa nai e escríbense en linguaxe ensambladora, que é nativa ao CPU. Neste proceso encárgase de configurar o hardware e ofrecerllo ao SO (sistema operativo). Se a BIOS é incapaz de detectar un determinado dispositivo o sistema non poderá usalo, aquí podes ver a importancia deste elemento.

Hai algúns anos, cando os dispositivos eran máis lentos, a BIOS realizaba as operacións de entrada e saída, de aí o seu nome. É dicir, levaba os datos desde os dispositivos ao procesador. Isto cambiou e agora utilízanse outros sistemas máis rápidos como accesos DMA nos cales o procesador mapea a memoria dos cartóns saltándose a BIOS e accedendo directamente aos datos.

Un dos aspectos no que os PCs fallaron desde o inicio é na súa tardanza en arrincar e a BIOS, é unn dos elementos que poden acelerar este aspecto sen dúbida.
Ademais nunca descartes que sexan capaces de levar a cabo tarefas máis complexas sen necesidade de iniciar a computadora. Á fin e ao cabo a BIOS non é máis que un programita que se é cambiado pode realizar calquera tipo de función.

Neste vídeo de curta duración, explícase moi ben e brevemente o que son as BIOS:


Se queres saber máis sobre este compoñente, aquí tes este ou este outro ligazón.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac, vídeos e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.