Obter Electricidade útil das Plantas Mediante Fotosíntesis e Enxeñaría Xenética

22 de Septiembre de 2010.

Uns investigadores no Technion (Instituto Israelí de Tecnoloxía) manipularon o proceso fotosintético dos vexetais dun modo que posiblemente permita que a enerxía producida no proceso sexa aproveitada para o seu uso posterior como electricidade.O logro é un primeiro paso do proceso que podería subministrar algún día enerxía, verde en máis dun sentido.

O equipo de investigación dirixido por Gadi Schuster e Noam Adir, estudou unha proteína clave no proceso de mover electróns ao longo da liña de produción da fotosíntese. No seu estado natural, esta proteína extrae electróns da auga e trasládaos a través da membrana celular vexetal.

Alterando un aminoácido dos centos que se encontran na proteína, os investigadores cambiaron a dirección da emisión de electróns, permitindo así que a enerxía producida no proceso se puidese aproveitar para o seu uso posterior. Esta proteína modificada “exporta” electróns nunha frecuencia abondo alta como para producir unha cantidade útil de enerxía. O cambio de positivo a negativo non prexudica a función da proteína nin o desenvolvemento da planta, grazas ao cal é posible obter grandes cantidades de proteína a un custo mínimo.

O seguinte paso é idear un mecanismo que sexa capaz de converter coa debida eficiencia a enerxía bioquímica en electricidade, como a que usamos nas nosas actividades cotiás.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Xeral e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.