BIOS-Basic Input Output System

https://i0.wp.com/www.hardware-one.com/reviews/i845/Iwill_P4S/BIOS.jpg

Chip da BIOS- click para máis información

BIOS ou sistema básico de entrada e saída, é un pequeno chip que se atopa na placa base. Actívase cando arrancas a computadora. BIOS refírese tanto ó elemento físico como o programa que executa.

A súa función principal é iniciar o sistema operativo e probar o hardware do sistema, realiza un test da memoria RAM e comproba que os dispositivos ( discos duros, por exemplo) están conectados. Neste proceso os configura e os pon a disposición do sistema operativo. Polo tanto, se a BIOS non é capaz de detectar un dispositivo non poderá ser usado polo sistema operativo.

O seu nome vén das primeiras versións, cando realizaba funcións de entrada e saída, levaba os datos dende os dispositivos ó procesador. Agora utilízanse sistemas máis rápidos que permiten saltarse o paso pola BIOS.

A CMOS é un chip da placa base que se encarga de gardar a información que precisa a BIOS para realizar as súas funcións.

A BIOS só hai que actualizala cando sexa estritamente necesario (para que funcione con controladores novos, por exemplo), a diferencia doutros programas que se actualizan periodicamente.

Algunhas permiten o “overclocking“, que consiste en acelerar a velocidade que vén predeterminada de fábrica, aínda que pode dar problemas se non temos unha boa refrixeración e normalmente reduce a vida útil dos compoñentes.

http://www.mur3.com/wp-content/uploads/2015/10/Award_BIOS_setup_utility.png

Interfaz do programa BIOS

Vídeo sobre como entrar á BIOS:

 

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.