BIOS: ¿Qúe é?

BIOS significa Basic Input/opuResultado de imagen de bios tipostput System (Sistema Básico de Entrada e Saída). Consiste nun programa que se pon en marcha ao acenderse o PC, que se encarga de todo o proceso de inicio e carga do software, da comprobación e inventario de todo o Hardware do PC e da iniciación de certos dispositivos de Hardware e do sistema operativo. O término BIOS úsase tanto para referirse ao programa como para designar o compoñente físico localizado na placa base.

 

Existen distintos tipos. Desde o tradicional aloxado na memoria ROM, até outros tipos que, para aumentar o rendemento do PC e do arranque, usan parte da memoria RAM. Este tipo de BIOS coñécense como Shadow BIOS. Tamén temos o Flash BIOS, que se aloxa en memoria non volátil, e o PnP BIOS (un dos máis utilizados na actualidade), que ten a capacidade de controlar dispositivos Plug & Play.

A BIOS pódese actualizar. Isto supón poder facer funcionar a nosa placa cun procesador que antes non podiamos instalar, ou solucionar temas de compatibilidade con certos tipos de hardware como memorias ou placas (dependerá do fabricante e do tipo).

 

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.