Bios

A BIOS é un elemento fundamental de calquera PC. Inicia e comproba, durante o arranque, todos os compoñentes do hardware.  Logo prepara o equipo para que Windows se cargue e se execute.

O seu nome ven das siglas de Basic Input Output System (Sistema Básico de Entrada/Saída).
Fisicamente é un dos chips da placa base.

O seu traballo comeza xusto no momento no que acendes o PC. Fai de intermediaria entre o hardware e Windows ou outros sistemas operativos. Ao arrancar o equipo, o hardware e o software están separados, ningún dos dous sabe da existencia do outro. Tampouco Windows. A BIOS encárgase de resolver este problema, entre outras cousas. Primeiro comproba que todo está ben, logo dille ao hardware onde buscar o sistema operativo. A Windows dille o hardware que hai e se está ou non dispoñible.
Se a BIOS detecta un problema grande, nin sequera deixa abrir a Windows.

Máis información acerca doutras funcións da BIOS aquí.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.