Estándares 2º trimestre Cultura científica.

marzo 2017. Unidade 4  + estándares non superados.

Estándares a preparar para o exame:

O alumnado terá que presentarse ao exame cos estándares que non sexan superados ao longo das diferentes actividades:

 

CCIB3.1.1. Coñece a evolución histórica dos métodos de diagnóstico e tratamento das doenzas.

CCIB3.2.1. Establece a existencia de alternativas á  medicina tradicional, valorando o seu fundamento científico e os riscos que levan consigo.

CCIB3.3.1. Propón os transplantes como alternativa no tratamento de certas doenzas, valorando as súas vantaxes e os seus inconvenientes.

CCIB3.3.1. Propón os transplantes como alternativa no tratamento de certas doenzas, valorando as súas vantaxes e os seus inconvenientes.

CCIB3.5.1. Xustifica a necesidade de facer un uso racional da sanidade e dos  medicamentos.

CCIB3.6.1. Discrimina a información recibida sobre tratamentos médicos e medicamentos en función da fonte consultada.

CCIB4.1.1. Coñece e explica o desenvolvemento histórico dos estudos levados a cabo  dentro do campo da xenética.

CCIB4.2.1. Sabe situar a información xenética que posúe calquera ser vivo, establecendo a relación xerárquica entre as estruturas, desde o nucleótido ata os xenes responsables da herdanza.

CCIB4.3.1. Coñece e explica a forma en que se codifica a información xenética no ADN , xustificando a necesidade de obter o xenoma completo dun individuo e descifrar o
seu significado.

CCIB4.4.1. Describe e analiza as aplicacións da enxeñaría xenética na obtención de fármacos, transxénicos e terapias xénicas.

CCIB1.1.1. Analiza un texto científico e valora de forma crítica o seu contido.
CCIB1.1.2. Presenta información sobre un tema tras realizar unha procura guiada de fontes de contido científico, utilizando tanto os soportes tradicionais como internet.

CCIB1.2.1. Analiza o papel da investigación científica como motor da nosa sociedade e a  súa importancia ao longo da historia.

CCIB1.3.1. Comenta artigos científicos divulgativos realizando valoracións críticas e análise das consecuencias sociais, e defende en público as súas conclusións.

Traballo de aula: 30%  Probas Traballos escritos:  70%

 

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.