ACTIVIDADE 12B

Tras ver os vídeos, saquei as seguintes ideas:

  • O PLE, é unha nova forma de aprendizaxe da que se espera que alcance maior éxito e que participemos activamente nela.
  • O PLE ten 3 partes, a primeira que é ler, logo reflexionar e por último compartir. Neste vídeo tamén se menciona que as redes sociais son un bo sitio para obter información.
  • No terceiro vídeo fálase de que cada vez é máis común o uso dos PLEs nas escolas, tendo ao profesor como “guía” rompendo co sistema habitual de ensino. De modo que o alumno recibe información do profesor pasivamente.
  • Grazas á evolución das Web 1.0 en Web 2.0 (nas que podemos interactuar en lugar de ser únicamente espectadores desa web) dispoñemos de mellores plataformas e servizos para promover este tipo de metodoloxía.
  • No último vídeo, menciona o potencial das redes sociais. Estas, permítennos coñecer a moita xente, xa que podemos ver as relacións persoais dos nosos contactos e atopar así, usuarios de interese para nós, a diferencia da vida real, onde non podemos ver as conexións persoais doutra xente.
Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac, vídeos e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.