Adaptación á Terra das Primeiras Plantas Que Abandoaron a Agua

A diversidade da vida que se pode observar en ámbitos que van dende a selva tropical do Amazonas ata o florecemento primaveral no Deserto de Mojave, é impresionante. Pero esta diversidade non sería posible se os antecesores das plantas modernas tivesen quedado na auga coas súas primas as algas verdes.Trasladarse cara a terra firme requiriu de importantes cambios no modo de vida deses antecesores. Eses cambios capacitáronos para adaptarse ao novo ámbito “hostil”, e á súa vez contribuíron a cambiar o clima global e as condicións atmosféricas, conformando o mundo no que xurdiu o Ser Humano.Ao absorber carbono durante a elaboración de nutrientes, e ao liberar osíxeno, as primeiras plantas moldearon os ecosistemas, producindo un ámbito máis hospitalario, e creando as condicións necesarias para que os animais puidesen tamén adaptarse a vivir en terra firme.Unha nova investigación realizada por Linda Graham e os seus colaboradores na Universidade de Wisconsin, en Madison, céntrase nesta transición e nos cambios adaptativos na utilización de compostos baseados no carbono, como os azucres.Todas as plantas descenderon dun grupo de algas verdes ancestrais, cuxos representantes modernos proliferan en ámbitos acuosos. As plantas terrestres modernas máis simples (varios grupos de briófitas) son os parentes vivos máis próximos das primeiras plantas que colonizaron a terra. Ao comparar as algas verdes e as briófitas, Graham e os seus colegas obtiveron datos reveladores sobre as dificultades evolutivas que as plantas tiveron que afrontar na súa transición cara á vida na terra, e como o éxito das primeiras plantas influíu no ciclo do carbono.

fonte http://www.amazings.com/ciencia/noticias/251010a.,

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en CTMA 2º Bacharelato, Xeral e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.