A SIDA2

A enfermidade transmitida sexualmente máis perigosa é causada polo VIH (Virus de Inmunodeficiencia Humano). O VIH ataca as mesmas defensas do corpo (sistema inmunolóxico) que nos axudan a combater enfermidades, polo tanto este sistema chega a non funcionar ben por causa do VIH.
Déixovos aquí un vídeo que reflexa os efectos da SIDA para comentar:

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato, TIC 2º Bac e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

9 Responses to A SIDA2

  1. isabel2bio di:

    O VIH é un virus que provoca a SIDA, que son todos os conxuntos de enfermidades causadas polo baixo sistema inmunolóxico. Este pode ser transmitido sexualmente, mediante o sangue e de nai a fillo, o resto de supostas vías de transmisión son tan só mitos.

  2. daniel2bio di:

    É un feito salientable o caso de que non hai casos mortais por mor da SIDA senón que o problema desta é que destrúe o sistema inmunolóxico, provocando unha baixada nas defensas e que o corpo poda ser infectado por outras enfermidades como o cancro, a tuberculose ou a neumonía, entre outras moitas, e que si que poden ser mortais.

  3. eva2bio di:

    Este vídeo abarca todos os conceptos relacionados co VIH e coa SIDA. Vai dende a súa definición ata os métodos para a súa prevención, pasando polos medios a través dos cales se contaxia, os mitos que hai nesta área, e os efectos que produce no organismo da persoa afectada.

  4. alvarogran2bio di:

    Neste segundo vídeo trátase de novo as 3 maneiras polas que podemos contraer a SIDA :
    Vía sexual; vía sanguínea e vía vertical.Non existe ningunha outra forma de infectarse.Ademais, entre as consecuencias biolóxicas temos: destrucción do sistema inmunolóxico, ser propenso a un maior número de enfermidades,a obriga a cambiar a túa vida cotidiana e,que o riesgo tamén é para o corpo sanitario. Para finalizar,a maneira más sinxela de non padecer a enfermidade é mediante o uso do condón.

  5. raul2bio di:

    No principio deste vídeo explícanos un pouco o que é o virus do VIH e o que é a SIDA e o conxunto de síntomas que presenta.Como segundo punto trata as vías de transmisión,que pode ser sexual,(mediante a práctica de sexo,xa ben sexa vaxinal,oral ou anal,sendo este último o que presenta un maior risco debido á delicadeza dos texidos e a facilidade coa que se producen feridas)sanguínea(que se pode transmitir ao compartir calqueira tipo de material que tivera contacto coa sangue dalgún ou algunha individú@,sempre e cando este material non se teña esterilizado anteriormente)ou por vía vertical(se a nai é seropositiva pode transmitila a través do embarazo.Estas tres vías mencionadas son as únicas polas cales se pode transmitir,única e exclusivamente,non se pode transmitir nin por bicos nin por compartir alimentos ou bebidas…
    Unha persoa que esté infectada polo VIH presenta o seu sistema inmunolóxico destruído,é moito máis propenso a enfermidades,deberá de cambiar a súa alimentación e de facer máis exercicio…
    Podemos evitar un contaxio de VIH practicando menos relacións sexuais,cuidar a súa actividade sexual e usar preservativo

  6. javiercomen2bio di:

    O virus da inmunodeficiencia humana (adquirida) é un lentivirus causante da síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA).O VIH solo se contagia por vía sexual,vía sanguínea e vía vertical e por leite materna.As persoas co virus do VIH deben cambiar os seus hábitos para facer exercicio,coidar a súa forma de comer,evitar o máis posible as feridas,coidarse da gripe ou calquera outra enfermidade menor xa que pode ser mortal.

  7. anton2bio di:

    Como xa comenentei na anterior actividade sobre a SIDA, está moi ben a insistencia neste tema do contaxio polas relacións sexuais, xa que, é unha forma de contaxio que (xa sexa por un preservativo caducado ou en mal estado ou pola neglixencia de non utilizalo)dase en moita xente, nunca sabes cando esa persoa coa cal ti estas mantendo relacións ten a SIDA ou non a ten.

  8. isabel2bio di:

    O VIH afecta ao sistema inmunolóxico e poder ser transmitido vía sanguínea (mediante feridas, xiringa, materiais médicos non desinfectados…), vía sexual (sendo o anal o máis perigoso, por iso antes dicíase que a SIDA era propio dos gais) e vía nai-fillo ( se a nai é seropositivo o seu fillo ten moitas posibilidades de selo tamén). Estas son as únicas posibles vías de contaxio, o resto son mentira.

  9. marta2bio di:

    O que fai o VIH é destruir o noso sistema inmunolóxico, facéndonos moito máis vulnerables ás diversas enfermidades e infeccións.
    Pode transmitirse por tres vías: a sexual, por calquera tipo de contacto; a sanguínea, por contacto dun material (sobre todo agullas) dunha persoa infectada cunha que non; a vertical, cando a madre ten o virus pode producirse o contaxio ao fillo no embarazo.
    Ao adquirir este virus debes modificar os teus hábitos, como por exemplo a túa alimentación e non expoñerte a enfermidades, xa que, aínda que sexan enfermidades menores, poden ser mortais para calquera que teña este virus.